Saltar ao contido

Rolieiro europeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rolieiro europeo
Coracias garrulus
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
C. garrulus Editar o valor en Wikidata
Taxonomía
 Subdivisións
  • C. g. garrulus
  • C. g. semenowi
Datas
 Período de incubación
18 d Editar o valor en Wikidata
Localización
 Área de distribución
Mapas
Distribución
Conservación
Especie pouco preocupante
Cifras e dimensións
Tamaño da niñada4,2 Editar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeCoraciiformes
FamiliaCoraciidae
XéneroCoracias
EspecieCoracias garrulus Editar o valor en Wikidata
Linnaeus, 1758 Coracias garrulus Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01gmft Editar o valor en Wikidata
ITIS554518 Editar o valor en Wikidata
OTT372551 Editar o valor en Wikidata
UICN22682860 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O rolieiro europeo[1][2] (Coracias garrulus) é a única especie de paxaros da familia dos Coraciidae que habita en Europa.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Esténdese desde a Península Ibérica e Marrocos no oeste ata Asia Oriental. É unha especie migratoria de longa distancia, hibernando no sur de África.

En Galiza é rara, e aparentemente vese nos pasos prenupciais en maio e máis intensamente no posnupcial de agosto-setembro.

Adoita habitar en lugares de clima tépedo ou cálido coa presenza de árbores. É un paxaro mediano dun tamaño entre 29–32 cm de media e unha envergadura de 52–58 cm coas ás estendidas. A súa cor é azul co lombo marrón. Frecuentan zonas arboradas e chairas abertas, onde se alimentan principalmente de insectos, aínda que en ocasións complementan a súa dieta con lagartos e ras.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Esta especie destaca no seu voo pola súa brillante cor azul que contrasta coas plumas negras das ás. Os dous sexos son similares, pero os xoves presentan unha cor máis clara que os adultos.

O canto deste paxaro é unha sucesión rápida de cantares curtos, similar a un instrumento infantil que provoca un ruído semellante ao dunha carraca, aínda que en ocasións parece cantar como un corvo común.

Acostuman aniñar nas árbores ou entre os penedos, e a posta consiste entre 4-6 ovos.

Distribución en verán e inverno
Coracias garrulus
  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]