Rogelio Leal López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRogelio Leal López
Biografía
Nacemento1896 Editar o valor em Wikidata
Piñeiros, España Editar o valor em Wikidata
Morte1990 Editar o valor em Wikidata (93/94 anos)
Piñeiros, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Rogelio Leal López, nado en Piñeiros (Narón) en 1896 e finado no mesmo lugar en 1990, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1930 era secretario do sindicato de mozos de café de Ferrol integrado na CNT. Entre 1933 e 1936 foi militante da Federación Anarquista Ibérica e do Sindicato de Industria Naval de Ferrol. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e permaneceu agochado. Foi xulgado en Ferrol por rebelión e declarado en rebeldía. O 21 de xullo do 1939 conseguiu embarcar en Ares con outros 26 republicanos na evasión do bou Ramón, conseguindo chegar a Francia. Traballou de leñador. En 1947 volveu a Galicia con Antonio González Pérez coa misión de reorganizar a FAI e a Federación Ibérica de Juventudes Libertarias (FIJL). O 3 de xaneiro de 1948 foi detido. Posto en liberdade provisional, foi novamente detido en xuño de 1948 e internado en Ocaña. O 1 de xullo de 1949 foi condenado en Madrid a 18 anos de prisión por rebelión militar e participación na reorganización da FAI, FIJL e a CNT. Pasou varios anos na cadea de San Miguel de los Reyes. Saíu en liberdade condicional en 1953.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]