Rogelio Alonso Chao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRogelio Alonso Chao
Biografía
Nacemento30 de agosto de 1909 Editar o valor em Wikidata
Freás Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Arxentina Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Rogelio Alonso Chao, nado no Souto (Freás, Punxín) o 30 de agosto de 1909 e finado na Arxentina, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o fundador do Sindicato de Oficios Varios da Castiñeira (Punxín) da CNT, con Manuel López Lamas, a principios da década de 1930. Detido en xullo de 1934 con Manuel Amil e José Moreno despois dunha xira de propaganda pola Limia e Monterrei, foi novamente maltratado pola Garda Civil en agosto e marchou traballar na construción do ferrocarril en Requeixo de Seabra, onde participou na organización de sindicatos da CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Portugal e despois pasou a Madrid, onde participou na Agrupación de Gallegos Libertarios, da que foi nomeado delegado de Trabajo y Solidaridad en 1938. Ao final da guerra, regresou a Punxín, onde foi arrestado e condenado a 20 anos de prisión en maio de 1943, posteriormente conmutada por 12 anos. Estivo na Prisión Provincial de Ourense ata que obtivo a liberdade condicional en xuño de 1943.[1] En outubro de 1946 residía en Punxín e solicitou a liberdade definitiva, para ir ás feiras a vender gando. Para escapar da represión, marchou a Arxentina.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BOE, 24-7-1943, p. 7158.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]