Rodrigo de Castro Osorio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rodrigo de Castro»)
Rodrigo de Castro Osorio
Nacemento5 de marzo de 1523
Lugar de nacementoValladolid
Falecemento20 de setembro de 1600
Lugar de falecementoSevilla
NacionalidadeEspaña
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Salamanca
Ocupaciónsacerdote católico
PaiÁlvaro Osorio
NaiBeatriz de Castro
editar datos en Wikidata ]

Rodrigo de Castro Osorio, coñecido popularmente coma "Cardenal Rodrigo de Castro, nado en Valladolid[1] en 1523 e finado en Sevilla en 1600, foi Cardeal, Arcebispo de Sevilla e membro do Consello de Estado durante o reinado de Filipe II. Tío de Pedro Fernández de Castro y Andrade, sétimo Conde de Lemos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Estuda dereito canónico en Salamanca, onde o seu irmán é bispo. O seu espírito inquedo condúceo a viaxar; Flandres, Portugal, Francia, Italia, Alemaña; viaxes nas que se fai cun importante patrimonio artístico, a maior parte do cal vai entesourando na cidade de Monforte de Lemos, á que o vencella unha forte predilección. Adquire un importante papel na corte de Filipe II, onde se lle encomendan importantes misións diplomáticas, ademais de formar parte do Consello de Estado e do Supremo Consello da Inquisición.

Personalidade[editar | editar a fonte]

Escudo de armas do Cardeal, no Colexio de Nosa Señora da Antiga. Nel obsérvanse os seis roeis característicos da familia Castro, e os lobos da familia Osorio

O cardeal é moi criticado polo seu gusto polo boato e a suntuosidade. Sente unha grande afección pola Cetrería, da que queda constancia polo tratado de Pero López de Ayala que aínda se conserva no museo de Nosa Señora da Antiga, e que pertencía á súa colección persoal. Custosas partidas de caza e gran número de serventes e criados, ademais do gusto polo luxo e mailas obras de arte.

O seu outro aspecto era a súa xenerosidade e humanismo; crea unha residencia para rapazas en situación difícil, loita pola humanización do trato nas prisións, axuda ó clero empobrecido e axuda a construción e mellora de templos, hospitais e asilos, ademais de exercer de mecenas das artes. De el diría Lope de Vega nun popular soneto;

"Príncipe glorioso
que ya de mejor púrpura vestido
rayos ciñe de luz, estellas pisa"
(Lope de Vega)

Colexio de Nosa Señora da Antiga[editar | editar a fonte]

É durante a convalecencia dunha grave enfermidade cando decide comeza-la monumental obra do Colexio de Nosa Señora da Antiga, o seu maior legado a Monforte de Lemos. O colexio, a única mostra de Estilo herreriano en Galicia, leva o nome da virxe sobre a que recaía a devoción do cardeal. Sobre esta mesma época instaura na cidade unha festa en honor das reliquias que foi atesourando, e que se conservan no museo do convento de Santa Clara (coñecido como as clarisas), de Monforte. A escritura de dotación do colexio outórgase en Madrid, estando presente o seu sobriño Pedro Fernández de Castro y Andrade, aínda moi novo, e que desenvolvería durante a súa vida moitos dos trazos do humanismo e paixón polas artes do seu tío.

Nunca a verá rematada, xa que falece en Sevilla no 1600. Deixa disposto no testamento o traslado dos seus restos a Monforte de Lemos, onde xacen, no Colexio de Nosa Señora da Antiga, baixo unha estatua realizada por Juan de Bolonia que o presenta en posición de rezo e enfrontado a unha pintura da virxe que acaparaba as súas devocións, Nosa Señora da Antiga, pintura que agacha tras de si o sepulcro da súa nai, Beatriz de Castro "A Fermosa".

Consideración[editar | editar a fonte]

Rodrigo de Castro, estatua orante, por Juan de Bolonia

Foi un auténtico home renacentista, tido por moitos autores coma o último gran príncipe eclesiástico, nado en Valladolid en 1523, por atoparse alí casualmente a súa nai, Beatriz de Castro, "A fermosa", III Condesa de Lemos, muller dunha beleza tal que deu en inspirar o popular verso:

De las carnes, el carnero/

De los pescados, el mero/ De las aves, la perdiz/

De las mujeres, la Beatriz

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O seu nacemento en Valladolid é discutido por autores coma Germán Vázquez, dado que nunca se puido atopa-la partida de nacemento. Non obstante , a opinión maioritaria, obtida a través de documentos secundarios e terceiras persoas, é a do seu nacemento en Salamanca. Xermán Vázquez esgrime o seu testamento, no que, falando de Monforte de Lemos, dí; "por bien y utilidad de mi patria". Este argumento, si que serve, en troques, para que outros autores establezan a súa indiscutida "Galeguidade"; así dí Cotarelo; "Lonxe da patria, xamáis a olvida" "Dichosos serían para Don Rodrigo os días pasados na patria, xamáis olvidada"; en este orden de cousas, é moi criticado por rodearse, no seu Azebispado Hispalense, dunha corte de funcionarios Galegos, cos que, según Cotarelo, consultaba no seu idioma nativo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hermida Balado. VII Conde de Lemos. ISBN. 
  • Vázquez, Germán. Historia de Monforte. ISBN.