Cetrería

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A cetrería, un patrimonio humano vivo
Berkut awaits the hunt. (3968887082).jpg
A aguia é moi usada en cetrería
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEuropa, Estados árabes e Asia e Pacífico
LocalizaciónN/D
Tipoinmaterial
CriteriosCriterios
InscriciónN/D
Identificador{{{ID}}}

A cetraría, ou cetrería,[1] é a actividade de cazar con aves rapaces adestradas, especialmente con falcóns, azores e outras aves de presa para a captura de especies de aves. O humano captura e liga á ave de presa ao propio home, por reflexos condicionados, e a adestra na caza e na fidelidade. A súa ave captura entón outras aves ou calquera outro tipo de presa, xeralmente cuadrúpedes pequenos ou medianos, como coellos ou lebres.

A cetrería foi unha práctica moi estendida na Idade Media, ligada á nobreza e aos potentados. Acabou decaendo polo progreso das armas de fogo e a maior vistosidade e festividade que se podía ofrecer coas partidas de caza maior, especialmente a montaría.

O 16 de novembro de 2010, a Unesco declarouna Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade,[2] nunha candidatura multinacional de Arabia Saudita, Bélxica, República Checa, Corea do Sur, Emiratos Árabes Unidos, España, Francia, Marrocos, Mongolia, Qatar e Siria. O 6 de decembro de 2012 uníronse a esta candidatura Austria e Hungría.[3], e o 30 de novembro de 2016 adheríronse tamén Alemaña, Italia, Casaquistán, Paquistán e Portugal.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

Federico II co seu falcón de cetrería no seu libro De arte venandi cum avibus (Sobre a arte de cazar con aves). Século XIII.

As orixes da cetrería son moi antigas. É posíbel que se descubrise na China, xa que existen moitas referencias sobre a práctica da cetrería antes de Cristo en diversos textos chineses.

No mundo greco-latino non se practicou a cetrería. Algunhas das representacións que fan pasar como de cetrería, tan só o son do que entre os romanos se chamaba aucupio (captura de paxaros, paxaritaría).

Parece que a Europa occidental chegou da man das invasiónes godas. O primeiro testimonio gráfico, datado no século V d.C., encóntrase nos mosaicos da Vila do Falconeiro en Argos, Grecia. Posteriormente menciónase nas leis dos pobos xermánicos que pouco a pouco foron traspasando as fronteiras do Imperio romano e que se asentaron ao sur dos ríos Rin e Danubio.

Na Península Ibérica localizouse no campo arqueolóxico de Mértola (Portugal) un mosaico, fragmentario, que só se pode interpretar como unha escena de cetrería. O feito de que se descubrira nun estrato inferior dunha construción musulmá, é un claro indicio de que a cetrería chegou á península Ibérica da man dos pobos xermánicos.[5]

Por outra parte, as fontes árabes indican que cando os primeiros invasores musulmáns entraron na península descubriron e adoptaron unha modalidade cetreira que se pode interpretar como altanería (caza con falcóns e outras aves de rapina de alto voo).

En Europa a época dourada desta arte e afección foi a Idade Media. Pódese dicir que máis ou menos desde o século VI até o século XVI, no que se practicaba a caza con falcóns e azores, gozou do seu maior auxe e difusión. Esta técnica venatoria perdeu terreo fronte ás novas armas de fogo e, tamén, a causa do custoso que era manter un bo equipo de falcóns e falconeiros, pois a cetrería, polo xeral, foi unha práctica reservada a reis e grandes señores, aínda que non había ningunha lei que se a prohibira ao pobo, pero para obter comida había métodos máis efectivos e seguros.

Hoxe é un deporte que no mundo occidental se practica con aves de presa criadas en catividade, o cal non supón ningún perigo para as aves salvaxes. Porén, aínda hai zonas remotas nas que se seguen capturando aves silvestres.

En novembro de 2010 a cetrería foi declarada patrimonio cultural inmaterial da Humanidade, por ser un dos métodos de caza tradicionais máis antigos, selectivo coas presas cinexéticas, non contaminante e respectuoso co medio ambiente.[4]

Equipo[editar | editar a fonte]

Azor con caparuza.

Os principais elementos que compoñen o equipo dun cetreiro, á parte, claro está, da ave de presa, son:

  • Morral
  • Cascabeis
  • Lonxa
  • Caparuza
  • Pihuelas
  • Correa
  • Luva
  • Percha
  • Engado
  • Fiador
  • Transmisor
  • Muñequeiras

Especies[editar | editar a fonte]

As especies máis empregadas na cetrería son:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cetraría.
  2. El milenario arte de la cetrería, Patrimonio Inmaterial de la Humanidad, RTVE, 16 de novembro de 2010, consultado o 22 de novembro de 2022.
  3. "Falconry, a living human heritage". Unesco. 6 de decembro de 2012. Consultado o 22 de novembro de 20e2. 
  4. 4,0 4,1 "5 nuevas inscripciones en la Lista representativa del patrimonio cultural inmaterial". Unesco. 1 de decembro de 2016. Consultado o 22 de novembro de 2022. 
  5. Lopes, Virgílio - Mértola na Antiguidade Tardia: a topografia histórica da cidade e do seu território nos alvores do cristianismo. Mértola: Campo Arqueológico de Mértola, 2003. ISBN 972-9375-21-6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]