Roberto Rey
Roberto Rey | |
---|---|
Nacemento | 1975 |
Lugar de nacemento | Alemaña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2014.) |
Roberto Rey Martínez, nado en Alemaña en 1975, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en Alemaña de pais emigrantes, con sete meses foi vivir cos avós a Galegos. Estudou en Pontecarreira, no IES de Ordes e fixo estudos de empresariais. Participou na candidatura do PPdeG ao concello de Frades nas municipais de 1999, e foi elixido concelleiro, ocupando a concelleira de Cultura e Deportes. Foi elixido concelleiro nas sucesivas eleccións. Logo da dimisión de Miguel Prado Patiño en setembro de 2012, foi elixido alcalde de Frades o 22 de setembro.
Nas eleccións municipais de 2019 obtivo de novo a alcaldía.[1]
Predecesor: Miguel Prado Patiño |
![]() Alcalde de Frades 2012 - actualidade |
Sucesor: no cargo
|