Miguel Prado Patiño
Miguel Prado Patiño | |
---|---|
Nacemento | 1957 |
Lugar de nacemento | Frades |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jesús Miguel Prado Patiño, nado en Papucín (Frades) en 1957, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Traballador autónomo ligado á banca. Entrou en política en 1979 como secretario do comité comarcal de AP e secretario local en Frades. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura de AP á alcaldía de Frades e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, xa polo PPdeG, sempre con maioría absoluta. Dimitiu en 2012 para presentarse ás eleccións e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.
Presentouse nas listas do PPdeG ás eleccións autonómicas de 2020 e, aínda que non saíu elixido á primeira, entrou en setembro de 2021 na cámara galega logo da renuncia de varios conselleiros aos seus escanos[1].
Predecesor: Antonio Garea Gestal |
![]() Alcalde de Frades 1987 - 2012 |
Sucesor: Roberto Rey Martínez |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ T, X. A. (2021-09-16). "Renovación en el PP gallego tras la renuncia al escaño de siete conselleiros". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2021-09-16.