Galegos, Frades
| Galegos | |
|---|---|
| Concello | Frades[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43°02′44″N 8°19′54″O / 43.0456, -8.3316 |
| Área | 7,68 km² |
| Poboación | 207 hab. (2023) |
| Densidade | 26,95 hab./km² |
| Entidades de poboación | 8[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Martiño de Galegos é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Frades. Segundo o INE en 2023 tiña 207 habitantes (112 mulleres e 95 homes) 76 menos ca en 1999. Ten oito entidades de poboación.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Demografía
[editar | editar a fonte]| Gráfica de evolución demográfica de Galegos[2] entre 2000 e 2023 |
![]() |
|
Poboación de dereito segundo o padrón municipal do INE |
Cultura
[editar | editar a fonte]Patrimonio
[editar | editar a fonte]O pazo de Galegos conserva a antiga capela e unha moderna torre. Accédese por un portalón brasonado e conserva os escudos cos emblemas das familias Montenegro, Andrade e Bermúdez. Atópase ocupado por unha comunidade relixiosa que o recibiu en doazón.
O cruceiro de San Martiño de Galegos posúe unha cruz octogonal de remates florenzados, capitel cuadrangular, fuste octogonal que comeza e remata cadrado, con base cúbica de cachotaría; a plataforma é cuadrangular.
A igrexa parroquial é de planta rectangular, coa fachada pintada coas cores azul e branco. Posúe un dobre campanario coroado por unha cruz.
Etnografía
[editar | editar a fonte]Festas
[editar | editar a fonte]As festas que se celebran son:
- San Martiño, 11 e 12 de novembro.
- O Carme, 25 de xullo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Galegos
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Galegos no concello de Frades (A Coruña) | |
|---|---|
|
O Barreiro | O Castro | O Outeiro | O Paraxón | O Pazo | A Ponte | Reboredo | Vista Alegre |
