Roberto Panero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido ![]() Pontevedra, España ![]() |
Morte | abril de 1937 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Causa da morte | morte natural ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, xornalista, político ![]() |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español ![]() |
Membro de |
Roberto Panero Fernández, nado en Pontevedra e finado na mesma cidade en abril de 1937, foi un mestre, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Colexio X de Pontevedra. Acadou o título de bacherel universitario en letras en 1932 e rematou os estudos de Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra ese mesmo ano.[1] Foi elixido presidente do grupo de normalistas que se uniron á FUE en decembro de 1931.[2] Colaborou en El Pueblo e El Progreso, do que foi redactor.[3] En marzo de 1931 foi elixido vicesecretario da Juventud Republicana de Pontevedra,[4] participou como orador no mitin que organizou en Cerdedo a Sociedade Agraria e o Grupo Republicano a principios de abril,[5] e no mitin de Ponte Caldelas a principios de maio.[6]
En xullo de 1932 trasladouse a Vigo coa familia.[7] Integrouse na Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo, e foi elixido secretario do seu Comité directivo en outubro de 1932.[8] Foi elixido secretario da sección provincial da Liga Española de los Derechos del Hombre, constituída en Vigo en setembro de 1932.[9] Militante do Partido Republicano radical-Socialista, sendo elixido secretario na sección juvenil en abril de 1933.[10]
En 1933 foi nomeado mestre interino de Tuxe (O Bolo),[11] e en decembro de 1934 de Vilanova (A Veiga).[12] Integrouse na Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense e colaborou na súa revista Escuela del Trabajo. Tamén se fixo socio da Casa del Maestro de Pontevedra a principios de 1935.[13] Interveu nos mitins pedagóxico-sociais organizados pola Asociación de Traballadores da Ensinanza de Vigo en setembro de 1934.[14] e no Congreso Regional de Trabajadores de la Enseñanza de Galicia celebrado en Vigo en maio de 1936 presentou o relatorio "Normas relativas a la orientación ideológica de la enseñanza: Laicismo, propaganda política antirreligiosa. Escuela socialista, coeducación". Interveu en representación das Juventudes Socialistas no mitin de Concentración Socialista celebrado no campo de Barreiro de Vigo o 13 de outubro de 1935,[15][16] na concentración das Juventudes Socialistas Unificadas da provincia de Pontevedra, tamén no campo de Barreiro, o 10 de maio de 1936,[17] e na concentración marxista de Oia o 21 de xuño.[18]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído e suspendido de emprego e soldo a principios de agosto.[19] Enfermo, finou no Hospital Provincial de Pontevedra en abril de 1937.[20] Depurado, foi sancionado con inhabilitación para o desempeño de escolas en 1942.[21]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Pueblo Gallego, 2-6-1932, p. 8.
- ↑ El Pueblo Gallego, 8-12-1931, p. 11.
- ↑ El Progreso, 24-1-1932, p. 2.
- ↑ El Pueblo, 14-3-1931, p. 3.
- ↑ El Pueblo, 4-4-1931, p. 4.
- ↑ El Pueblo Gallego, 15-5-1931, p. 6.
- ↑ La Voz de Galicia, 23-7-1932, p. 6.
- ↑ El Pueblo Gallego, 5-10-1932, p. 6.
- ↑ El Progreso, 21-9-1932, p. 1.
- ↑ El Pueblo Gallego, 16-4-1933, p. 4.
- ↑ El Pueblo Gallego, 23-5-1933, p. 10.
- ↑ Galicia, 6-12-1934, p. 6.
- ↑ El Noticiero Gallego, 4-2-1935, p. 3-4.
- ↑ El Pueblo Gallego, 13-9-1934, p. 2.
- ↑ La Hora, 28-9-1935, p. 1, 2.
- ↑ El País, 14-10-1935, p. 1.
- ↑ El Pueblo Gallego, 8-5-1936, p. 2.
- ↑ El Pueblo Gallego, 20-6-1936, p. 5.
- ↑ La Región, 5-8-1936, p. 4.
- ↑ El Progreso, 15-4-1937, p. 1.
- ↑ La Región, 18-3-1942, p. 4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández González, Manuel (2005). La dinámica sociopolítica en Vigo durante la Segunda República (PDF) (Tese) (en lingua castelá). USC..