Norman George

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Norman George
Nacemento2 de xullo de 1946
 Illas Cook
NacionalidadeNova Zelandia
Ocupaciónpolicía, diplomático e político
editar datos en Wikidata ]

Norman George, nado o 2 de xullo de 1946 en Atiu, é un político das Illas Cook.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

George traballou como oficial de policía, primeiro na Policía das Illas Cook e logo na Policía de Nova Zelandia, antes de traballar como avogado en Rarotonga. En 1983 resultou elixido como demócrata para o Parlamento das Illas Cook por vez primeira.

De 1984 a 1989 George foi ministro nos gabinetes de Tom Davis e Pupuke Robati, levando as carteiras de Asuntos Exteriores, Tradicións, Relacións co Parlamento, Banco de Desenvolvemento das Illas Cook, Policía e Fiscal Xeral[1]

En 1992 George resultou expulsado do seu partido por unha disputa sobre os gastos.[2], fundou entón o Partido da Alianza, que conseguiu dous asentos nas eleccións de 1994, e cinco anos despois refundado como Partido da Nova Alianza, logrou catro escanos, pasando a ser George viceprimeiro ministro.[2] durante algúns meses ata que en outubro pasou á oposición, volvendo de novo a asumir o posto tras apoiar a Terepai Maoate como primeiro ministro, uníndose o Partido da Nova Alianza co Partido da Alianza Democrática,[3], George tivo varias carteiras no goberno de coalición de Robert Woonton antes de cesar en 2002.[4] Unha serie de escándalos sobre conflitos de intereses,[5], a venda unha residencia ao promotor neozelandés Mark Lyon,[6] e un axunto xudicial sobre incompatibilidades[7] fixeron declinar a popularidade de George. Cando o Partido Demócrta non o seleccionou como candidato[8] para as eleccións xerais de 2004 deixou o partido e fundou o Tumu Enua, que non tivo éxito obter o escano.[9], pese á súa derrota foi nomeado presidente do Parlamento[10], xa que segundo as leis das Cook, o presidente non ten por que ser deputado. Nas eleccións parciais de 2006 obtivo escano como independente apoiado polo Partido das Illas Cook[11], reelixido nas eleccións xerais de 2006 e 2010.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Norman George". Cook Islands Parliament. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2010. Consultado o 2009-03-27. 
  2. 2,0 2,1 "History of the Cook Islands". Consultado o 2009-03-27. 
  3. "Cook Islands prime minister’s party merges with New Alliance". Radio New Zealand International. 2002-05-10. Consultado o 2009-03-27. 
  4. "Cook Islands justice minister sacked from cabinet". Radio New Zealand International. 2002-11-07. Consultado o 2009-03-27. 
  5. "Cooks MP Norman George not concerned about conflict of interest claims". Radio New Zealand International. 2003-11-11. Consultado o 2009-03-27. 
  6. "Cook Islands MP defends Lyon permit decision". Radio New Zealand International. 2003-12-13. Consultado o 2009-03-27. 
  7. "Cook Islands court clears MP Norman George of double-dipping allegation". Radio New Zealand International. 2004-01-18. Consultado o 2009-03-27. 
  8. "Cook Islands Democratic Party appears to confirm nomination". Radio New Zealand International. 2004-05-05. Consultado o 2009-03-27. 
  9. "Senior Cook Islands politician appears to lose seat in General Elections". Radio New Zealand International. 2004-09-12. Consultado o 2009-03-27. 
  10. "New speaker elected in the Cook Islands". Radio New Zealand International. 2004-12-14. Consultado o 2009-03-27. 
  11. "Cook Islands politician, Norman George, wins Atiu by- election". Radio New Zealand International. 2006-06-11. Consultado o 2009-03-27. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]