Róber Bodegas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rober Bodegas»)
Roberto Fernández
Róber Bodegas.
Nome completoRoberto Fernández
Alcume/outrosRóber Bodegas
Nacemento23 de xuño de 1982
LugarCarballo
NacionalidadeEspaña
Educado enUniversidade da Coruña
Profesiónactor, guionista e humorista
Na rede
https://roberbodegas.wordpress.com/
IMDB: nm3086973 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Roberto Fernández, coñecido como Róber Bodegas, nado en Carballo o 23 de xuño de 1982, é un actor e guionista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a estudar Arquitectura na Universidade da Coruña, e despois do primeiro ciclo continuou a súa formación como interiorista. A comezos da década dos 2000 realizou distintas actuacións de monólogos humorísticos, e gañou o Certame de dramatización de monólogos cómicos no Festival Internacional Outono de Teatro (Carballo) en 2002. Tamén obtivo o premio da Bienal da caricatura de Ourense[1] en 2004.

Fixo diversos cursos con Leo Bassi ou Jango Edwards, en 2005 montou o seu primeiro espectáculo, titulado Un día horrible, e é coautor de Gazapos, obra representada por Manicómicos. En 2007 presentouse ao proceso de selección[2] para o programa de monólogos televisivos El Rey de la Comedia (TVE), competición na que se impuxo como vencedor da primeira edición[3]. A raíz diso estreou o seu segundo espectáculo, Vamos a dejarnos de hostias (2007), e en 2008 o terceiro, El día en el que empecé a odiar los yogures y otras desgracias. En 2008 comeza a traballar como guionista e temporalmente como colaborador para o programa Sé lo que hicisteis..., de La Sexta[4].

Tamén ten intervido no Luar da Televisión de Galicia, en distintos anuncios publicitarios (entre eles unha campaña para Estrella Galicia[5]) ou na emisora de radio Radio Voz. En 2008 estrea tamén unha comedia teatral, Contamos contigo, canda os actores Quico Cadaval, Cándido Pazó e Paula Carballeira.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]