Rob Gray

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rob Gray
Río Breogán  – No. 32
Información persoal
Nacemento 3 de abril de 1994 (30 anos)
Forest City, Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 82 kg (180 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
Instituto East Rutherford (North Carolina)
Christ School (North Carolina)
West Oaks Academy (Florida)
Universidade Howard College (2014–2015)
Houston (2015–2018)
NBA Draft 2018 / Elección: Sen draftear
Carreira 2018−presente
Historial de equipos
Fort Wayne Mad Ants (2018–2019)
JL Bourg (2019)
Metropolitans 92 (2019−2020)
AS Monaco (2020–2022)
Tofaş S.K. (2022–2023)
BC Prometey (2023−2024)
Río Breogán (2024−presente)

Robert Dejuan Gray Jr., máis coñecido como Rob Gray, nado o 3 de abril de 1994 en Forest City, Carolina do Norte, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Río Breogán da Liga ACB.[1] Cunha altura de 1,85 m pode xogar nas posición de base e escolta.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Carolina do Norte, Gray xogou na escola secundaria East Rutherford como estudante de segundo ano, facendo unha media de 22.5 puntos, 4.5 rebotes e 2.3 asistencias por xogo. Despois trasladouse á Escola Christ e levou ao equipo a un rexistro de 32-5, cunha media de 11.3 puntos por xogo como estudante de terceiro ano. A súa carreira escolar rematou na Academia West Oaks en Florida. Comezou a súa carreira universitaria no Howard College, facendo redshirt na súa primeira temporada. Inicialmente tiña previsto trasladarse a Tennessee, mais co despido do adestrador Donnie Tyndall, Gray aceptou unha bolsa en Houston cando o máximo anotador Jherrod Stiggers se converteu en profesional un ano antes. Como estudante de segundo ano en Houston, Gray foi suspendido durante un xogo contra SMU polo adestrador Kelvin Sampson por ser demasiado egoísta e non xogar boa defensa a pesar da súa alta puntuación.

No seu terceiro ano universitario fixo unha media de 20,6 puntos por partido. Ese ano converteuse no máximo anotador de todos os tempos da American Athletic Conference rompendo o récord establecido por Nic Moore, concretamente durante un xogo disputado o 11 de febreiro nunha vitoria por 73-42 sobre Tulane. No Torneo AAC, anotou 33 puntos nunha vitoria por 77-74 sobre Wichita State. Encestou a bandeixa ganadora con 1,1 segundos restantes para vencer a San Diego State 67-65 na primeira rolda do Torneo da NCAA. Terminou cun récord persoal de 39 puntos. Marcou un promedio de 19,3 puntos por xogo e repartiu 4,4 asistencias por xogo como estudante sénior. Foi nomeado no Primeiro Equipo All-AAC por segundo ano consecutivo. En total, anotou 1 710 puntos na súa carreira, a marca máis alta na AAC cando se graduou. A nivel educativo, graduouse en decembro de 2017 cun título en socioloxía.

Despois de non ser seleccionado no draft da NBA de 2018, Gray foi contratado polos Houston Rockets para o seu equipo da liga de verán en xuño de 2018. Con todo, debido a lesións, os seus minutos foron significativamente limitados. O 10 de agosto de 2018, uniuse aos Rockets para o campo de adestramento, mais finalmente foi liberado polo equipo. Despois disto foi seleccionado na segunda rolda do draft da NBA G League de 2018 polos Fort Wayne Mad Ants.

O 29 de marzo de 2019, asinou co equipo Pro A francesa JL Bourg. Ao acabar a temporada asinou con outro equipo Pro A, os Metropolitans 92, onde fixo unha media de 14,5 puntos, 2,9 rebotes e 2,8 asistencias por xogo. O 17 de xuño de 2020, asinou unha extensión de contrato. En catro xogos durante a tempada 2020-21, fixo unha media 10 puntos, 1,3 rebotes e 1,8 asistencias por xogo. As súas boas actuación levárono a asinar co AS Monaco da Eurocup. Neste competición levou ao equipo ao título cunha media levando de 17,2 puntos por xogo. O 23 de xullo de 2021, asinou unha extensión de dous anos co equipo. Após finalizar o seu contrato, o 25 de xuño de 2022, asinou con Tofaş S.K. da BSL turca. Após un breve paso polo BC Prometey da Eurocup, o 9 de febreiro de 2024 asinou polo Río Breogán da Liga ACB.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Rob Gray incorpórase ao Río Breogán". CB Breogán. 9 de febreiro de 2024. Consultado o 9 de febreiro de 2024. 
  2. "Rob Gray, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 9 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]