Rita Payés
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de setembro de 1999 (25 anos) Vilassar de Mar, España |
Actividade | |
Ocupación | música, cantante, compositora de cancións |
Profesores | Elisabeth Roma e Joan Chamorro |
Instrumento | Trombón e voz |
Familia | |
Nai | Elisabeth Roma |
Páxina web | http://ritapayes.com/ |
Rita Payés Roma, nada en Vilassar de Mar o 29 de setembro de 1999, é unha compositora, trombonista e cantante de jazz e bossa nova catalá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carreira artística
[editar | editar a fonte]Iniciouse como trombonista baixo a influencia dunha familia de músicos. Máis adiante estudou no instituto IEA Oriol Martorell e entrou na Sant Andreu Jazz Band, dirixida por Joan Chamorro; nesta tamén comezou a cantar xunto a Andrea Motis, Magalí Datzira e Eva Fernandez.[1]
Aínda adolescente, Payés gravou dous traballos con Chamorro, obtendo en 2015 o premio Enderrock á mellor proposta de jazz.[2] Trala boa acollida destes dous traballos, en 2019 Rita publicou xunto á súa nai, a guitarrista Elisabeth Roma, un novo álbum titulado Imagina.[1] Para presentalo, ámbalas dúas fixeron unha xira coa que viaxaron por países como o Reino Unido,[3] Hungría,[4] Francia, Suíza, Italia, Marrocos, Suecia e Grecia.[5]
Payés anunciou en xaneiro de 2021 a publicación dun novo traballo compartido de novo coa súa nai,[6] que veu a luz o 16 de abril, co título Como la piel.[7] Este disco valeulle o Premio Alícia ao talento emerxente de 2021, galardón que outorga a Academia Catalá da Música.[8]
En 2021 colaborou na canción «La gent que estimo» do disco A tope amb la vida de Oques Grasses.[9][10]
Discografía
[editar | editar a fonte]- 2015 - Joan Chamorro presenta a Rita Payés (con Joan Chamorro).[11]
- 2016 - Lua amarela (con Joan Chamorro).[2]
- 2019 - Imagina (con Elisabeth Roma).[1]
- 2019 - My Ideal (Venus Records)[12]
- 2019 - In New York (Venus Records)[12]
- 2021 - Como la piel (con Elisabeth Roma).[7]
Colaboracións
[editar | editar a fonte]- 2021 - La gent que estimo (con Oques Grasses).[9][10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Enderrock.cat. "L'emoció familiar de Rita Payés i Elisabeth Roma | Enderrock.cat". Consultado o 2019-10-04.
- ↑ 2,0 2,1 Jazz to Jazz (ed.). "Lua amarela". Consultado o 28/02/2021.
- ↑ Institut Ramon Llull, ed. (02/06/2019). "Much more than jazz at the London Catalan Festival". Consultado o 28/02/2021.
- ↑ Institut Ramon Llull, ed. (21/02/2020). "Set grups catalans i balears actuaran al cicle «Catalan Sounds» de Budapest". Consultado o 28/02/2021.
- ↑ AutoEditArte (ed.). "23 d'agost – Rita Payés en Opus Jazz Club (Budapest, Hungría)". Consultado o 28/02/2021.
- ↑ Agència Catalana de Notícies, ed. (11/01/2021). "Rita Payés publicarà nou disc el març d'aquest any". Consultado o 28/02/2021.[Ligazón morta]
- ↑ 7,0 7,1 Rodríguez, Oriol (14/04/2021). El Nacional, ed. "Rita Payés, la trombonista catalana que va enamorar C.Tangana". Consultado o 17/04/2021.
- ↑ Cervantes, Xavier (2021-06-21). "Sílvia Pérez Cruz triomfa als premis Alícia". Consultado o 2021-06-22.
- ↑ 9,0 9,1 Cervantes, Xavier (2021-05-29). ""C Tangana ens va impactar tant que s'ha notat en el nostre disc"". Consultado o 2021-06-24.
- ↑ 10,0 10,1 "La gent que estimo, de l'àlbum "A tope amb la vida" (Oques Grasses)". Consultado o 2021-06-24.
- ↑ Jazz to Jazz (ed.). "Joan Chamorro presenta Rita Payés". Consultado o 28/02/2021.
- ↑ 12,0 12,1 Discogs: Rita Payés
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rita Payés |