Andrea Motis
Andrea Motis | |
---|---|
![]() Andrea Motis no Palau de la Música Catalana en 2014. | |
Nome completo | Andrea Motis |
Data nacemento | 9 de maio de 1995 (28 anos) |
Nado en | Barcelona |
Ocupación | Instrumentista e cantante |
Xénero | Jazz |
Instrumento(s) | Voz, trompeta e saxofón |
Na rede | |
http://andreamotis.blogspot.com.es/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Andrea Motis, nada en Barcelona o 9 de maio de 1995, é unha cantante e instrumentista de jazz catalá.
Biografía[editar | editar a fonte]
Formouse musicalmente, a partir dos sete anos, na Escola Municipal de Música de Sant Andreu, un barrio de Barcelona, como trompetista primeiro e saxofonista despois. En 2007, con 12 anos, comezou a colaborar co grupo de jazz Sant Andreu Jazz Band, dirixido polo profesor de música e músico Joan Chamorro. Ten participado en numerosos concertos do circuíto catalán de jazz. Debido á súa precocidade numerosos medios de comunicación téñena entrevistado ou teñen escrito recensións da súa actividade musical.[1] A súa voz compárase coa de Norah Jones.[2]
En 2010, con quince anos, grava como cantante solista un disco de estándares de jazz titulado Joan Chamorro presenta Andrea Motis. Ofreceu concertos co denominado "Andrea Motis & Joan Chamorro Group".
Discografía[editar | editar a fonte]
- Joan Chamorro presenta Andrea Motis (Temps Record, 2010)[3]
- Feeling Good (Temps Record, 2012)[3]
- Live at Jamboree - Barcelona (Swit Records, 2013)
- Motis Chamorro Big Band (Jazz to Jazz, 2014)
- Live at Casa Fuster (Jazz to Jazz, 2014)
- Live at Palau de la Música amb l'Orquestra Simfònica del Vallès (Jazz to Jazz, 2015)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Vanguardia, 17-01-2010
- ↑ "Barcelona cultura, 23-2-2011". Arquivado dende o orixinal o 25-12-2014. Consultado o 14-04-2013.
- ↑ 3,0 3,1 AAVV (text: Pere Pons). "Dones, cançons i violes. 25 dones de la cançó". Revista Enderrock i ICD (en catalán) (207): 18.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Concerto de Andrea Motis e Joan Chamorro Group no 43 Festival Internacional de Jazz de Barcelona.
- Barcelona TV: La galeria dels oficis: Andrea Motis y Joan Chamorro (Músics).
- Blog de Andrea Motis con anuncio de próximas actuacións.
- Bandcamp