Rise, O Voices of Rhodesia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rise, O Voices of Rhodesia
En galego: Levantade, Oh Voces de Rodesia
Himno de Rodesia e  Cimbabue-Rodesia
LetraMary Bloom
MúsicaLudwig van Beethoven
Adoptado1974[1]
Até1979
Mostra da música
noicon

"Rise, O Voices of Rhodesia" ou "Voices of Rhodesia" (en galego: Levantade, Oh Voces de Rodesia) foi o himno nacional do estado non recoñecido de Rodesia e Cimbabue Rodesia (renomeado Cimbabue en 1980) entre 1974 e 1979. A música foi a de "Ode to Joy", o Cuarto Movemento da Novena Sinfonía de Ludwig van Beethoven, que fora adoptado como oficial do continente europeo polo Consello de Europa en 1972. A música utilizada en Rodesia foi un arranxo realizado polo capitán Ken MacDonald, o director da orquestra dos Rhodesian African Rifles. O goberno organizou un concurso nacional para atopar a letra axeitada para combinala coa melodía escollida, gañando a composición de  Mary Bloom de Gwelo.

Trala Declaración Unilateral de Independencia de Rodesia, o 11 de novembro de 1965, o país aínda mantiña a súa lealdade á raíña Isabel II como a súa Xefa de Estado, mantendo o "God Save the Queen" como o seu himno nacional. Trala constitución de 1970, coa que o país se constituía nunha república, o himno real foi abandonado, xunto con outras moitas referencias á monarquía, deixando ao país sen un himno nacional ata que se aprobou o "Rise, O Voices of Rhodesia" en 1974. O himno nacional perdeu o seu status legal en decembro de 1979, cando o Reino Unido recuperou o control do país de forma provisional ata o declaración oficial da independencia como Cimbabue cinco meses máis tarde. 

Letra[editar | editar a fonte]

A letra oficial que foi adoptada é a seguinte:[2]

Rise, O voices of Rhodesia,
God may we Thy bounty share.
Give us strength to face all danger,
And where challenge is, to dare.
Guide us, Lord, to wise decision,
Ever of Thy grace aware,
Oh, let our hearts beat bravely always
For this land within Thy care.

Rise, O voices of Rhodesia,
Bringing her your proud acclaim,
Grandly echoing through the mountains,
Rolling o'er the far flung plain.
Roaring in the mighty rivers,
Joining in one grand refrain,
Ascending to the sunlit heavens,
Telling of her honoured name.

Legado[editar | editar a fonte]

"Rise, O Voices of Rhodesia" tivo carácter oficial durante toda a historia da República de Rodesia, así como entre xuño e decembro de 1979, cando o país se reconstituíu como Cimbabue-Rodesia, unha versión do mesmo país dirixida pola maioría negra, que tampouco tivo éxito en obter recoñecemento internacional do Reino Unido e das Nacións Unidas. Aínda que o himno continuou sendo oficial durante este período, o país adoptou unha nova bandeira e as festividades oficiais baseadas nos fitos coloniais foron modificadas por outras que pretendían ser máis inclusivas: Día do Presidente, día da Unidade, día dos Devanceiros. O himno nacional permaneceu inalterado ata o 12 de decembro de 1979,[3] cando Cimbabue-Rodesia volveu a estar baixo control do Reino Unido durante un período de transición antes de ser recoñecida oficialmente a súa independencia como República de Cimbabue.[4] "Ishe Komborera Africa", unha versión en lingua shona do himno "Nkosi Sikelel' iAfrika" ("Deus bendiga a África") converteuse no novo himno nacional, mantendo ese status até 1994, cando foi substituído polo actual Simudzai Mureza wedu WeZimbabwe" ("Bendita sexa a Terra de Cimbabue").[5]

Debido ao seu uso como melodía de "Rise, O Voices of Rhodesia", a interpretación da "Ode to Joy" de Beethoven é controvertida no país, onde a súa interpretación nas embaixadas estranxeiras no día de Europa causou inicialmente problemas con algúns oficiais do goberno que, segundo a historiadora Josephine Fisher, descoñecían que a melodía fora empregada polo Consello de Europa[3] Durante a década de 1980, Derek Hudson, director da Orquestra Filharmónica Bulawayo, tivo serias dificultades para obter o permiso para interpretar a Novena Sinfonía de Beethoven, aínda que finalmente puido facelo tras negociar co goberno do país.[6] Cando a melodía de "Ode to Joy" foi incluída nun recital para recadar fondos nunha igrexa de Harare no Nadal de 1994, provocou varias protestas entre os asistentes.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]