Saltar ao contido

Día de Europa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira europea desplegada o 9 de maio na Praza Kléber de Estrasburgo, Francia.

En Europa, o Día de Europa é unha celebración anual de paz e unidade europeas. Existen dous días de Europa separados, celebrados o 5 e 9 de maio, establecidos polo Consello de Europa (CoE) e a Unión Europea (UE) respectivamente. Para a UE, o día é tamén coñecido como o Día de Schuman.[1]

O 29 de xaneiro de 2019 presentouse en Bruxelas unha iniciativa de varias asociacións e personalidades co fin de facer que o 9 de maio sexa un día festivo en toda a Unión Europea.[2] O 12 de febreiro a iniciativa votouse nunha sesión plenaria do Europarlamento, presentado pola eurodeputada Maite Pagazaurtundúa. A proposta foi aprobada con 459 votos a favor.[3]

O 9 de maio de 1950, Robert Schuman, Ministro francés de Asuntos Exteriores, presentou a proposta denominada "Declaración Schuman"[4], para a creación dunha Europa organizada sobre unhas bases políticas comúns que buscaban unhas relacións pacíficas permanentes entre os diferentes países europeos.

Esa Declaración, en principio dirixida ás relacións entre Francia e Alemaña e á creación da Comunidade Europea do carbón e do aceiro[5], sentou as bases do que hoxe é a Unión Europea[6][7]. No cumio de Milán de 1985, en ocasión do centenario do nacemento de Schuman, a Comisión Europea decidiu designa-lo 9 de maio como Día de Europa.

[editar | editar a fonte]

O Día de Europa é día non laborable para os empregados das institucións da Unión Europea[8] Luxemburgo declarouno en 2019 festivo oficial [9] e é tamén festivo oficial en Kosovo.[10]. É un día conmemorativo en Croacia, día recoñecido oficialmente pero non festivo;[11][12] o mesmo que en Lituania;[13] e un Beflaggungstage en Alemaña[14]

  1. Does the EU have a "National" Day? Arquivado 04 de maio de 2009 en Wayback Machine., European Commission Delegation to Ukraine (en inglés)
  2. "Comienza la carrera para que el 9 de mayo sea festivo en toda la UE". Aquieuropa (en castelán). 29 de xaneiro de 2019. [Ligazón morta]
  3. "El Parlamento Europeo vota a favor de declarar el 9 de mayo festivo en toda la Unión". Vozpópuli (en castelán). 12 de febreiro de 2019. 
  4. La Declaración de 9 de Mayo de 1950 (en castelán)
  5. ambafrance-es (ed.). "9 de mayo: Día de Europa" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13/04/2020. Consultado o 26/05/2008. 
  6. europa.eu (ed.). "Día de Europa" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02/01/2012. Consultado o 26/05/2008. 
  7. Deutsche Welle, ed. (23/03/2007). "The Day the EU Was Born" (en inglés). Consultado o 26/05/2008. 
  8. "2019/C 38/05 On public holidays for 2020 for the institutions of the European Union". 28 de xaneiro 2019. 
  9. Brenton, Hannah (27 de marzo de 2019). "MPs make it official: two extra days holiday this year". Luxembourg Times. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2020. Consultado o 8 de maio de 2020. 
  10. "Festat Zyrtare - State Portal of the Republic of Kosovo". www.rks-gov.net (en albanés). Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2019. Consultado o 8 de maio de 2020. 
  11. "Public Holidays in Croatia 2020 & Memorial Days". Visit Croatia (en inglés). Consultado o 8 de maio de 2020. 
  12. "Government of the Republic of Croatia - PM: New calendar of public holidays, memorial days will clear doubts, vagueness". vlada.gov.hr. Consultado o 8 de maio de 2020. 
  13. "0971010ISTAVIII-397 ATMINTINŲ DIENŲ ĮSTATYMAS" (en lituano). 1 de xaneiro de 2020. 
  14. "Regelmäßige allgemeine Beflaggungstage". Protokoll Inland der Bundesregierung (en alemán). Consultado o 8 de maio de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]