Saltar ao contido

Rick and Morty

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rick and Morty

Tiposerie de televisión de animación Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticocomedia de situación, ciencia ficción e humor negro Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Autoría
Creador/aJustin Roiland e Dan Harmon Editar o valor en Wikidata
DesenvolvedorJustin Roiland e Dan Harmon Editar o valor en Wikidata
Temática
Tema principalFamilia disfuncional, ciencia ficción e Universo paralelo Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Produtor/aDan Harmon e Justin Roiland Editar o valor en Wikidata
Produtor/a executivoDan Harmon, Justin Roiland, James Fino (en) Traducir e Joe Russo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraWilliams Street (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Distribuidor/aWarner Bros. Television Studios, Netflix, Hulu e HBO Max Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalAdult Swim Editar o valor en Wikidata
Formato de distribuciónvídeo baixo demanda Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo2 de decembro de 2013 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración22 minutos Editar o valor en Wikidata
Episodios71 Editar o valor en Wikidata
Tempadas8 Editar o valor en Wikidata
Premios
Ligazóns
Páxina WEBadultswim.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt2861424 Allocine: 11561 Rottentomatoes: tv/rick_and_morty Metacritic: tv/rick-morty TV.com: shows/rickand-morty
Facebook: RickandMorty Twitter: RickandMorty Instagram: rickandmorty Musicbrainz: 9ed1acdb-5b8d-4da5-950b-6d5607536b8b Genius: Rick-and-morty Netlix: 80014749 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

Rick and Morty é unha serie de televisión estadounidense de animación creada por Justin Roiland e Dan Harmon para Adult Swim. A serie segue as desventuras dun científico, Rick, e o seu facilmente influenciable neto, Morty, quen pasan o tempo entre a vida doméstica familiar e as viaxes espaciais intergalácticos. Roiland é o encargado de darlle voz aos dous personaxes principais, tamén inclúe as voces de Chris Parnell, Spencer Grammer, e Sarah Chalke.

As orixes da serie atópanse nunha curtametraxe rudimentaria animada por Roiland para o festival de cine Channel 101, chamado Doc and Mharti, unha parodia dos principais protagonistas de Back to the Future. NBC despediu a Harmon por discusións entre el e os executivos da serie Community, e entón Roiland e Harmon desenvolveron unha serie baseada na película recentemente publicada.

Rick Sánchez é a definición exacta de "científico tolo". É alcohólico, un xenio, é irresponsable, un pouco depresivo e é egoísta. Rick acaba de mudarse a casa da súa filla Beth e alí lembra que ten un neto chamado Morty. Sen preguntar a ninguén, decide que lle vai a obrigar a acompañarlle a todo tipo de aventuras para que o mozo vólvase intelixente como el e non se converta nun idiota como Jerry, pai de Morty e xenro de Rick. Así, Rick e Morty comezan a vivir aventuras interdimensionais grazas á súa pistola de portais coa que pode acceder a infinitas dimensións, malia que a familia non quere que o sigan facendo. Aos poucos teñen que tentar atopar un equilibrio entre a súa vida familiar e as súas viaxes a través do espazo e por distintas realidades paralelas, algo que non é fácil para o pequeno Morty que é incapaz de ter unha vida normal á marxe do seu avó.

Escritura

[editar | editar a fonte]

A fórmula xeral en Rick and Morty consiste na contraposición de dous escenarios que conflúen. Por unha banda móstranse as aventuras que vive un avó extremadamente egoísta e alcohólico polo vasto e descoñecido do espazo intergaláctico e/ou interdimensional, o cal arrastra ao seu neto para que o acompañe nas viaxes. Estas aventuras intercalanse en cada episodio con dramas domésticos familiares máis propios do xénero sitcom.[1][2] Dan Harmon describe esta fusión de ciencia ficción e ambiente familiar como unha mestura de influenzas entre as dúas obras de Matt Groening: Os Simpson e Futurama.[3] Por outro lugar, o coautor Justin Roiland comunicou a intención dos creadores de que a serie excedese a continuidade tradicional na televisión, optando así por storylines descontinuas, «non fixadas por regras». Roiland describe cada episodio como «[o seu] propio punto de vista».

Lista de temporadas

[editar | editar a fonte]
Temporada Episodios Inicio* Final*
1 11 2 de decembro de 2013 14 de abril de 2014
2 10 26 de xullo de 2015 4 de outubro de 2015
3 10 1 de abril de 2017 1 de outubro de 2017

*Datas nos Estados Unidos

  1. Sepinwall, Alan (24 de marzo de 2014). "Dan Harmon interview, part 3: ‘Rick and Morty’, HitFix (en inglés)
  2. Czajkowski, Elise (12 de novembro de 2013). "Dan Harmon’s ‘Rick and Morty’ Premieres on Adult Swim on Dec. 2". Vulture.com (en inglés). Consultado o 15 de maio de 2019. 
  3. Evans, Bradford (2 de decembro de 2013). "Talking to Dan Harmon and Justin Roiland About Their New Adult Swim Show, ‘Rick and Morty". Vulture.com (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]