Ricardo Pita Bermúdez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XIX Betanzos |
| Morte | 1897 Betanzos |
| 1874 – | |
| 1873 – 1873 | |
| 1873 – 1873 | |
| 1872 – | |
| Actividade | |
| Ocupación | xornalista, político |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ricardo Pita.
Ricardo Pita Bermúdez, nado en Betanzos e finado na mesma vila en setembro de 1897[1], foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do impresor ferrolán Ricardo Pita. Fundou e dirixiu El Brigantino en Ferrol e despois da revolución de setembro fundou e dirixiu na Coruña La Concordia. No Sexenio Democrático foi deputado provincial e gobernador civil de Santander (1872), Xaén (1872), Ávila (1873), Segovia (1873) e Soria (1874). Foi propietario de La Monarquía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Alcance, 20-9-1897, p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 116.