Ricardo Jorge Silva Barreiros
Nome orixinal | (pt) Ricardo Jorge da Silva Barreiros |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 17 de xaneiro de 1982 (42 anos) Sintra, Portugal |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Portugal |
Actividade | |
Ocupación | xogador de hóckey a patíns |
Período de actividade | 2001 - |
Lingua | Lingua portuguesa |
Deporte | hóckey a patíns |
Premios |
Ricardo Jorge Silva Barreiros, nado en Sintra o 17 de xaneiro de 1982, é un xogador de hóckey a patíns portugués. Xoga como medio e avanzado no CD Paço d'Arcos. É considerado como un dos mellores xogadores portugueses da súa modalidade.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como xogador no Paço de Arcos, co que debutou na Primeira División Portuguesa na tempada 2001-02.[1] Xogou neste equipo ata 2004, cando fichou polo SL Benfica, onde militou cinco tempadas.
En 2009 asinou polo club galego H.C. Liceo, co que se proclamou campión da Copa CERS esa mesma tempada. Na tempada seguinte o Liceo conquistou a Copa de Europa, tras derrotar ao Reus na final (7-4), con tres goles de Barreiros. Volveu marcar na final do ano seguinte, na que o Liceo revalidou o título ao vencer ao FC Barcelona (2-4).
Despois de tres anos na Coruña, volveu a Portugal, onde xogou tres tempadas no FC Porto e cinco na UD Oliveirense, antes de regresar na tempada 2020/21 ao Paço d'Arcos.[2]
Ricardo Barreiros é internacional pola selección de Portugal, selección coa que debutou no 2003. Xogou nas fases finais do Campionato de Europa, no 2004, 2006, 2008, 2010, 2012, 2014 e 2016, e nas fases finais do Campionato do Mundo "A", no 2005, 2007, 2009, 2011, 2013 e 2017. O seu mellor resultado foi o 1º lugar no Campionato de Europa de 2016, no que marcou 9 goles. Ademais foi subcampión de Europa nas edicións de 2008, 2010 e 2012, sendo na primeira delas o máximo goleador, con 10 goles. Foi tamén subcampión do mundo en 2017, no Mundial celebrado en Nanjing.
Equipos
[editar | editar a fonte]- CD Paço d'Arcos: 1997-2004
- SL Benfica: 2004-2009
- H.C. Liceo: 2009-2012
- FC Porto: 2012-2015
- UD Oliveirense: 2015-2020
- CD Paço d'Arcos: 2020-
Palmarés
[editar | editar a fonte]HC Liceo
[editar | editar a fonte]- 2 Copas de Europa: 2010-11, 2011-12.
- 1 Copa CERS: 2009-10.
- 3 subcampión da OK Liga: 2009-10, 2010-11, 2011-2012.
SL Benfica
[editar | editar a fonte]- 1 subcampión da Copa de Portugal: 2008-09
- 2 subcampión da Liga portuguesa: 2006-07 e 2007-08
FC Porto
[editar | editar a fonte]- 1 Liga de Portugal: 2012-13.
- 1 Copa de Portugal: 2012-13.
- 1 Supercopa de Portugal: 2013.
- 1 subcampión da Liga de Portugal: 2014-15.
- 1 subcampión da Copa de Portugal: 2013-14.
UD Oliveirense
[editar | editar a fonte]- 1 Copa de Portugal: 2018-19.
- 1 subcampión da Liga de Portugal: 2018-19.
Selección de Portugal
[editar | editar a fonte]- 1 Campionato de Europa: 2016.
- 3 Torneo das Nacións de Montreux: 2009, 2011 e 2013
- 1 Finalista do Campionato do Mundo "A": 2017.
- 2 Finalista do Torneo das Nacións de Montreux: 2005 e 2007
- 3 Finalista do Campionato de Europa: 2008, 2010 e 2012
- 3º posto no Campionato de Europa: 2004, 2006 e 2014
- 3º posto no Campionato do Mundo "A": 2005, 2009, 2011 e 2013
- Máximo goleador do Campionato de Europa disputado en Oviedo: 2008
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Ricardo Barreiros en Mundo do Hóquei Arquivado 15 de xuño de 2010 en Wayback Machine. (en portugués)
- ↑ "«Herói» Ricardo Barreiros projecta Paço de Arcos" (en portugués). 12 de xaneiro de 2002. Consultado o 2 de decembro de 2020.
- ↑ "Ricardo Barreiros pode estar de regresso ao Paço de Arcos" (en portugués). 13 de maio de 2020. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2020. Consultado o 2 de decembro de 2020.