Ricardo González Lage

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ricardo González Lage
Nacemento1964
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Ricardo González Lage, nado en 1964, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Funcionario da Xunta de Galicia nos servizos de extinción de incendios, foi elixido alcalde de Xunqueira de Espadanedo polo PPdeG en 1991, empatado ao mesmo número de escanos co CDS. Dende entón sempre revalidou a vitoria con maioría absoluta ata en cinco ocasións máis. Foi tamén deputado provincial entre 2003 e 2011. Fi durante trece anos tamén o presidente dunha agrupación de concellos beneficiados polo Plan Leader, a agrupación País do Bibei-Ribeira Sacra do Sil.

En novembro de 2011, uns meses despois de revalidar a súa sexta absoluta, presentou a súa renuncia aludindo "motivos persoais"[1].


Predecesor:
?
 Escudo de Xunqueira de Espadañedo (1997).svg
Alcalde de Xunqueira de Espadanedo
 
1991 - 2011
Sucesor:
Carlos Gómez Blanco

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]