Club Deportivo Ribadumia
Ribadumia | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Deportivo Ribadumia | ||
Alcume(s) | Riber | ||
Fundación | 1959 | ||
Estadio | A Senra, Ribadumia, Galicia | ||
Capacidade | 2000 | ||
Presidente | Alberto Vázquez Ruibal | ||
Adestrador | Luis Carro | ||
Liga | 3ª – Grupo 1 | ||
2019/20 | 1º | ||
Vestimenta | Trezze | ||
Patrocinador | Treyco | ||
Na rede | |||
| |||
O Club Deportivo Ribadumia é un club galego de fútbol que naceu en 1959 en Ribadumia. Na actualidade compite na Terceira División, logo de ascender na tempada 2019–20.
Historia
[editar | editar a fonte]O club fundouse en 1959, sendo o seu primeiro presidente Amadeo Serantes.[1] En 1961 comezou a competir na liga das Rías Baixas, permanecendo nesta categoría ata 1975, cando pasou a Terceira Rexional. En 1985 ascendeu a Segunda e na tempada 1989/90 ascendeu por primeira vez a Primeira Rexional. Estivo só un ano na categoría, descendendo de novo a Segunda ao remate da tempada, ata que volveu ascender na 1993/94.[2]
Na tempada 2006/07 acabou campión do grupo 4º, conseguindo o ascenso a Preferente, categoría na que xogaría durante os seguintes sete anos.[3][4] Na tempada 2013/14 o equipo conseguiu o seu primeiro ascenso á Terceira División, despois de quedar campión do Grupo Sur de Preferente,[5] con Gabriel Leis no banco e liderado no campo por Changui, autor de 32 goles.[6][7] O equipo alcanzou a sétima praza na súa primeira tempada en Terceira. Nesa tempada creouse tamén o Ribadumia B, un filial para formar xogadores da canteira, que comezou a xogar en Terceira Autonómica Grupo 15.
Tras cinco tempadas en Terceira, o Ribadumia volveu caer a Preferente ao remate da tempada 2018/19, ao rematar 18º. Con todo, o equipo acabou como primeiro do Grupo Sur no seu regreso a Preferente. Venceu ademais ao Viveiro, primeiro do grupo Norte, proclamándose así como campión de Preferente e accedendo á fase previa da Copa do Rei.[8] En dita fase xogada o 11 de novembro de 2020 o equipo ribadumiense, adestrado por Luis Carro, conseguiu unha histórica clasificación para a Copa, derrotando en Cantabria ao Miengo FC por 0-1, cun gol de Diego Abal.[9] No sorteo da primeira rolda o equipo quedou emparellado co Cádiz CF, de Primeira División,[10] contra o que finalmente quedou eliminado ao perder por 0-2 na Senra.[11]
Datos do club
[editar | editar a fonte]Historial na liga
[editar | editar a fonte]
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Diputación edita un libro sobre los 50 años del club Ribadumia". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de marzo de 2011. Consultado o 12 de novembro de 2020.
- ↑ "Un encuentro con la historia". La Voz de Galicia (en castelán) (Arousa ed.). 9 de xullo de 1994. p. 46.
- ↑ "El Ribadumia aseguró su ascenso a Preferente pese a su derrota". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de abril de 2007. Consultado o 12 de novembro de 2020.
- ↑ "Primera Autonómica". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de maio de 2007. p. 38.
- ↑ "Histórico ascenso do Ribadumia a Terceira División". 11 de maio de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2020.
- ↑ "El Ribadumia gana en Atios y acaricia un histórico ascenso" (en castelán). 21 de abril de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2020.
- ↑ "Changui marcó dos goles en el histórico debut del Ribadumia". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de agosto de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2020.
- ↑ "Éxito del equipo Ribadumia desde los once metros" (en castelán). 11 de outubro de 2020. Consultado o 12 de novembro de 2020.
- ↑ Espiño, Diego (11 de novembro de 2020). "Histórico Ribadumia! Vence o Miengo en Cantabria (0-1) e recibirá a un equipo de Primeira na Copa do Rei". Pontevedra Viva. Consultado o 12 de novembro de 2020.
- ↑ Otero, Manu (16 de novembro de 2020). "Copa do Rei: O Ribadumia recibirá ao Cádiz; o Pontevedra, ao Cartagena". Pontevedra Viva. Consultado o 16 de novembro de 2020.
- ↑ Espiño, Diego (17 de decembro de 2020). "O Cádiz esperta do soño copeiro a un digno Ribadumia (0-2)". Pontevedra Viva. Consultado o 26 de decembro de 2020.