Saltar ao contido

Rinoceronte (obra de teatro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Rhinocéros»)

Rinoceronte (obra de teatro)
Título orixinalRhinocéros
Autor/aEugène Ionesco
OrixeFrancia
Lingualingua francesa
Xénero(s)Teatro do absurdo
EditorialÉditions Gallimard
Na rede
IBDB: 7483 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rinoceronte (título orixinal en francés: Rhinocéros) é unha obra de teatro escrita por Eugène Ionesco en 1959. Está considerada como unha das obras máis destacadas do Teatro do absurdo.

A obra está escrita en francés, todos os personaxes, tanto principais coma secundarios representan personalidades definidas e ben recoñecibles.

Argumento

[editar | editar a fonte]

Ao longo de tres actos, os habitantes dunha pequena vila de Francia vense convertidos en rinocerontes. A fígura principal da obra, Bérenges, un home común e sinxelo, a miúdo minusvalorado e criticado pola súa adicción ao alcohol, resulta ser o único humano que non desenvolve esta metamorfose.

Rinoceronte foi a miúdo interpretado como unha metáfora do xurdimento dos fascismos na Europa anterior á segunda guerra mundial, desta maneira trata temas controvertidos como a conformidade, ou os conceptos de cultura ou moral.

Adaptación ó cine

[editar | editar a fonte]

A obra foi adaptada ao cine en 1973 por Tom O´Horgan e protagonizado por Zero Mostel e Gene Wilder.

Tradución ao galego

[editar | editar a fonte]

No ano 2004 foi publicada en galego por Edicións Laiovento[1], en tradución de Henrique Harguindey Banet.