Reynaldo Bignone
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2019.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de xaneiro de 1928 Morón |
| Morte | 7 de marzo de 2018 Provincia de Buenos Aires |
| Causa da morte | sepse |
| Lugar de sepultura | Cemiterio Jardín de Paz de Pilar |
| 1 de xullo de 1982 – 10 de decembro de 1983 ← Alfredo Oscar Saint-Jean – Raúl Alfonsín → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Cristianismo |
| Educación | Colexio Militar da Nación |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Buenos Aires |
| Ocupación | político, oficial, militar |
| Período de actividade | 1950 |
| Partido político | político independente |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Exército Arxentino |
| Rango militar | xeneral de división xeneral |
| Participou no conflito | Guerra sucia en Arxentina |
| Outro | |
| Condenado por | crime de lesa humanidade |
| Descrito pola fonte | Reynaldo Bignone, Argentina’s Last Military Dictator, Dies at 90 (en) |
Reynaldo Benito Antonio Bignone Ramayón, coñecido como Reynaldo Bignone, nado en Morón (provincia de Bos Aires) en 1928 e finado na capital federal o 7 de marzo de 2018, foi un militar que, co grao de xeneral, chegou a ser presidente ditatorial da Arxentina entre 1982 e 1983.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bignone foi nomeado líder do país despois de que o expresidente Leopoldo Galtieri deixou o poder tras a derrota da Arxentina ante o Reino Unido na Guerra das Malvinas. O seu goberno tivo curta duración: a derrota na guerra e o crecente descontentamento da poboación demostrado en manifestacións indicaban que o retorno á democracia era inevitábel. Non obstante, o xeneral Bignone tentou condicionar o retorno á democracia a un límite nas investigacións de violacións de dereitos humanos durante o réxime militar de 1976 a 1983 e a chamada "Guerra Sucia". Esta proposta foi rexeitada polos partidos políticos arxentinos, e a investigación e xuízo dos militares comezou no goberno de Raúl Alfonsín, xa en 1983.
En 1999, despois de reaberto o xuízo de casos de apropiación ilegal de fillos de prisioneiros políticos, Bignone foi novamente enviado a xuízo. En marzo de 2007 foi preso e posto baixo custodia nunha base militar fóra de Buenos Aires como parte da investigación sobre abusos contra os dereitos humanos.
| Presidente da Arxentina | ||
|---|---|---|
Segue a: Leopoldo Galtieri |
Reynaldo Bignone | Precede a: Raúl Alfonsín |
| sen partido (militar) | ||