Leopoldo Galtieri
Leopoldo Galtieri | |
---|---|
![]() | |
Presidente da Arxentina | |
Período | 22 de decembro de 1981 - 17 de xuño de 1982 |
Antecesor | Carlos Alberto Lacoste |
Sucesor | Alfredo Oscar Saint-Jean |
Datos persoais | |
Nacemento | 15 de xullo de 1926 |
Caseros, Provincia de Buenos Aires | |
Falecemento | 12 de xaneiro de 2003 |
Buenos Aires | |
Alma máter | Colégio Militar da Nação e Escola das Américas |
Profesión | militar (xeneral) |
Relixión | Igrexa católica |
![]() | |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Leopoldo Fortunato Galtieri Castelli, nado en Caseros, provincia de Buenos Aires, o 15 de xullo de 1926 e finado en Buenos Aires o 12 de xaneiro de 2003, foi un militar e ditador arxentino, que alcanzou a comandancia do Exército Arxentino, co rango de tenente xeneral. Foi presidente de facto da Arxentina entre 1981 e 1982.
En abril de 1982, pouco despois de ocupar a Presidencia, ordenou a recuperación das illas Malvinas, consideradas pola Arxentina como territorio nacional usurpado, dando comezo á Guerra das Malvinas. Tres meses despois foi derrocado por un golpe militar interno, derivado da súa derrota na guerra. En 1985 foi absolto no Xuízo ás Xuntas, onde foi acusado de cometer delitos de lesa humanidade, e en 1986 foi condenado a 12 anos de prisión e degradación polas súas accións no conflito. Foi indultado de ditos delitos en 1989 polo presidente Carlos Menem.
En 2002 foi detido como sospeitoso de ter cometido delitos de lesa humanidade durante a última ditadura militar, pero morreu no cárcere ao ano seguinte antes de ser xulgado.
Presidente da Arxentina | ||
---|---|---|
Segue a: Carlos Alberto Lacoste |
Leopoldo Galtieri | Precede a: Alfredo Oscar Saint-Jean |
militar |
![]() |
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |