Rexión de Afar
Aparencia
Coord.: 11°49′N 41°25′L / 11.82, 41.42
አፋር (am) Qafár (aa) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Etiopía | ||||
Capital | Semera (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.483.900 (2005) (20,59 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua afar | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 72.053 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ET-AF | ||||
A Rexión de Afar (en afar: Qafar; en amhárico: አፋር ክልል) é unha das nove rexións estatais (kililoch) de Etiopía, sendo o fogar do pobo afar. Outrora coñecida como "Rexión 2", a súa capital dende o ano 2007 é a recentemente contruída cidade de Semera.
O Triángulo Afar, a parte norte da depresión de Danakil, forma parte do Gran Val do Rift de Etiopía, e atópase no norte da rexión. Contén o punto máis baixo do país e un dos máis baixos de África. A parte sur da rexión contén o val do río Awash, que desemboca nunha cadea de lagos ó longo da fronteira de Etiopía con Djibuti. Outros lugares salientables da rexión son os parques nacionais de Awash e Yangudi.