Revolución brasileira de 1930

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revolución brasileira de 1930
Data n/d
Lugar n/d
Resultado Vitoria Rebelde
Casus belli Tensións sociais derivadas da Gran Depresión
Belixerantes
Alianza Liberal
  • Policía Militar do Estado de Minas Xerais
  • Policía Militar de Paraíba
  • Brigada Militar de Río Grande do Sur
  • Corpo Provisional
  • Tenetentistas
  • Manifestantes civís en prol da revolución (especialmente en Pernambuco)
Primeira República Brasileira
Líderes
* Getúlio Vargas * Washinton Luis

A revolución brasileira de 1930 (en portugués: Revolução de 1930 ) foi un movemento armado, liderado polos estados de Minas Xerais, Paraíba e Río Grande do Sur, que culminou co golpe de estado, menos coñecido como Golpe de 1930,[1][2] que depuxo ao presidente da república Washington Luís o 24 de outubro de 1930, impediu a toma de posesión do presidente electo Júlio Prestes e puxo fin á República Velha.[3]

Co colapso da bolsa de Nova York, acontecido en outubro de 1929, comezou unha crise económica global, esmagando todas as economías con certa participación nos mercados internacionais, como Brasil e as súas exportacións de café.[4] En 1929, os líderes da oligarquía paulista romperon a alianza cos mineiros, coñecida como a política do café con leite, e nomearon ao paulista Júlio Prestes como candidato á presidencia da República. Como reacción, o presidente de Minas Xerais,  Antônio Carlos Ribeiro de Andrada, apoiou a candidatura opositora do Río Grande do Sur, Getúlio Vargas.

O 1 de marzo de 1930 celebráronse eleccións para presidente da república, que deron a vitoria ao candidato do goberno, que era o presidente do estado de São Paulo, Júlio Prestes. Pero o golpe de estado lanzado o 3 de outubro de 1930 frustrou a toma de posesión. Júlio foi desterrado e converteuse no único político elixido presidente da República do Brasil por votación popular ao que se lle impediu a toma de posesión.[5]

Getúlio Vargas asumiu o liderado do “Governo Provisório” o 3 de novembro de 1930, data que marca o fin da Primeira República Brasileira.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "História Hoje: Júlio Prestes iniciou carreira política aos 27 anos; relembre trajetória". agenciabrasil.ebc.com.br. Consultado o 2017. 
  2. Souza, Celina (2005). "Federalismo, desenho contitucional e instituições federativas no Brasil pós-1988". Revista de Sociologia e Política: 105–121. ISSN 0104-4478. doi:10.1590/S0104-44782005000100008. 
  3. "Aliança Liberal". fgv.br. Consultado o 2020. 
  4. Fausto, Boris (2010). "A revolução de 1930: historiografia e história". Companhia das Letras: 65–74. 
  5. "Câmara aprova inclusão de Júlio Prestes entre os presidentes da República". camara.leg.br. Consultado o 2014. 
  6. "Revolução de 1930 - História do Brasil". educacao.uol.com.br. Consultado o 2012.