Saltar ao contido

Reveriano Soutullo

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Reveriano Soutullo Otero»)

Modelo:BiografíaReveriano Soutullo Otero

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xullo de 1880 Editar o valor en Wikidata
Ponteareas, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de outubro de 1932
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de La Almudena Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Conservatorio Superior de Música de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónCompositor
Xénero artísticoZarzuela Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0816218 BNE: XX863291 BUSC: soutullo-otero-reveriano-1880-1932 Musicbrainz: 53438f43-cb36-4bf0-8263-f16897d6cf32 Find a Grave: 23380995 Editar o valor en Wikidata


Reveriano Soutullo Otero, nado en Ponteareas o 11 de xullo de 1880 e finado en Madrid o 28 de outubro de 1932, foi un compositor galego. Entre 1919 e 1931 formou tándem con Juan Bautista Vert Carbonell, con quen compuxo importantes zarzuelas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi o cuarto de once irmáns. Os seus pais, Manuel Soutullo Valenzuela e Carolina Otero Parga vivían en Redondela, de onde era oriúnda a nai.

Dende pequeno iníciase na música da man do seu pai. Máis tarde estuda música na Escola de Artes e Oficios de Vigo co pianista Gregorio Elola. Sendo mozo ingresa na Banda de Música Municipal de Tui e dirixe o Orfeón Galicia da mesma vila,[1] co cal gaña algúns premios, e unha rondalla, onde tocan algunhas das súas primeiras composicións. En 1896 ingresa coma músico de segunda na especialidade de cornetín no Rexemento de Infantaría Murcia nº 37 da cidade de Vigo, estudando harmonía co director da mesma, Ricardo Cetina.

En 2016, o xornal La Voz de Galicia publicaba o descubrimento de 35 partituras inéditas e 12 perdidas do compositor ponteareán nun arquivo particular da familia Garrote, en Sada. O descubrimento foi froito do traballo de investigación de Alejo Amoedo, profesor do Conservatorio de Vigo, que estaba a investigar a obra para piano de Soutullo[2], 46 destas pezas son composicións para banda e unha para piano, e todas elas pertencen á súa primeira etapa como compositor, datadas antes de 1915, e algúns orixinais estaban asinados baixo o pseudónimo L. Rals. Co descubrimento o número de obras coñecidas de Soutullo incrementouse ata unhas 300, aínda que se calcula que hai outro cento por recuperar.[3]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

En 1905 casou coa pianista viguesa Juana Meis Beiro. No nacemento do primeiro fillo, a súa muller perdeu a vida. Máis tarde, Soutullo casaría con Victoria San Emeterio, con quen tivo cinco fillos.

Zarzuelas

[editar | editar a fonte]
  • El regreso (1906)
  • El tío Lucas (1907)
En colaboración con Juan Vert
  • La leyenda del beso
  • La del soto del parral [4]
  • El último romántico

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Estévez, Xaime. "Monográfico de Reveriano Soutullo. Notas ao programa" (PDF). Banda Municipal de Música da Coruña. Consultado o 12 de abril de 2018. 
  2. Amoedo Portela, Alejo. "El piano en la obra de Reveriano Soutullo Otero (1880 - 1932)" (en castelán). Universidad Politécnica de Valencia. Consultado o 09 de abril de 2022. 
  3. Llera, Luis Carlos (2 de abril de 2016). "Descubren 35 partituras inéditas y 12 perdidas de Reveriano Soutullo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de abril de 2018. 
  4. "La del soto del parral. Programa" (en castelán). Teatro de la Zarzuela. Consultado o 08 de abril de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]