Retablo de Santo Domingo de Silos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Santo Domingo de Silos entronizado como bispo
ArtistaBartolomé Bermejo
Data1474-1477
Técnicaóleo sobre táboa
Dimensións242 cm × 130 cm
LocalizaciónMuseo do Prado (Madrid)

Santo Domingo de Silos entronizado como bispo é a obra máis coñecida do pintor español Bartolomé Bermejo. É un óleo sobre táboa, pintado entre 1474 e 1477. Mide 242 cm de alto e 130 cm de ancho. Exhíbese no Museo do Prado de Madrid, ó cal chegou en 1920 por unha permuta co Museo Arqueolóxico Nacional.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha táboa procedente de Daroca (Aragón). Foi encargada o 5 de setembro de 1474. É unha das obras máis impresionantes do período gótico polo seu gran tamaño e o xeirto co que está tratado a figura do santo, facendo desta peza unha das máis perfectas do fin do estilo hispano-flamengo. É a máis antiga das que se coñecen deste pintor, quen creou escola en Aragón, con seguidores tales como Martín Bernat e Miguel Ximénez.

É a táboa central dun retablo. As táboas laterais foron acabadas por Martín Bernat. Trátase dunha pintura de témpera sobre madeira. Ten gran tamaño, pouco común na pintura española deste período.

O tema é relixioso. Representa ó santo español Domingo de Silos, monxe que fundou o Mosteiro de Silos (Burgos) no século XI, sendo o seu primeiro abade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]