Retablo (filme)
| Retablo | |||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| Wikidata |
Retablo é un filme peruano de 2017 dirixido por Álvaro Delgado-Aparicio.[1] O filme é unha coprodución international entre o Perú, Alemaña e Noruega.[2] Está protagonizado por Magaly Solier no papel de Anatolia, a nai de Segundo e muller de Noé. É a primeira longametraxe de Delgado-Aparicio, e o guión está escrito en lingua quechua de Ayacucho.[1]
Foi escollido como candidato do Perú ó Óscar ó mellor filme internacional na 92ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3][4]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O filme conta a historia de Segundo (Junior Bejar Roca), un mozo dunha zona rural do Perú cuxo pai Noé (Amiel Cayo) o está a adestrar na tradición familiar de deseñar e construír retablos relixiosos, pero o segredo que garda rompe o mundo de Segundo e todo no que el cre.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 "Retablo, el peso de la herencia" Arquivado 14 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine.. La República, 13 de agosto de 2017.
- ↑ "Lima Festival: L.A.-Based Sound Company E Squared Backs Alvaro Delgado-Aparicio’s ‘Retablo’". Variety, 10 de agosto de 2016.
- ↑ RPP (ed.). ""Retablo" fue elegida como la candidata peruana a los premios Oscar y Goya 2020". Consultado o 12 de setembro de 2019.
- ↑ Mango, Agustin. The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: Peru Selects 'Retablo' for International Feature Category". Consultado o 12 de setembro de 2019.