República do Banato
Republica Bănăţeană (ro) Banater Republik (de) Banatska republika/Банатска република (sr) Bánáti Köztársaság (hu) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Timișoara | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de novembro de 1918 | ||||
Disolución | 15 de novembro de 1918 | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república | ||||
A República do Banato ( en romanés Republica Bănăţeană, en alemán Banater Republik, en serbio Banatska republika / Банатска република, en húngaro Bánáti Köztársaság) foi un efémero estado proclamado en Timişoara o 1 de novembro de 1918, o día despois da disolución do Imperio Austro-Húngaro. Recoñecida só por Hungría, a República foi invadida polo exército da veciña Serbia o 15 de novembro. O ano seguinte, o seu territorio foi dividido, nun principio, entre o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos e o Reino de Romanía.
Orixes
[editar | editar a fonte]O Banato é unha rexión xeográfica natural na chaira panónica. Desde 1552, foi unha provincia do Imperio Otomán denomianda Vilaiato de Temeşvar. Despois de 1718, a raíz do Tratado de Passarowitz, a rexión pasou a ser unha provincia da monarquía dos Habsburgo co nome de Banato de Temesvar, que foi suprimida en 1778. Entre 1849 e 1860, a rexión do Banato, xunto coa Bačka e Srem, foi parte dunha nova provincia austrohúngara, o Voivodato de Serbia e Tamiš Banat. A capital de todas estras provincias foi Timişoara.
Historia
[editar | editar a fonte]O 31 de outubro de 1918, os grupos étnicos que vivían na rexión do Banato(romaneses, húngaros, alemáns, xudeus e serbios) estableceron consellos militares. Nunha reunión, o Dr. Otto Roth, membro do Partido Socialdemócrata, propuxo a creación dun Consello Popular do Banato autónomo, con representantes de cada grupo étnico, pero os oficiais romaneses discreparon deste obxectivo e non houbo ningunha resolución ao respecto.
Os principais membros do Partido Socialdemócrata decidiron porén a proclamación da República o día despois, e o 1 de novembro de 1918, Roth proclamou a República do Banato desde o balcón do Consello local de Timişoara. O presidente da República foi o Dr. Roth, mentres que o comandante militar foi Albert Barta. O Goberno de Hungría recoñeceu a independencia da República.
O mesmo día tivo lugar a reunión fundacional do Consello Popular do Banato, con 20 membros do Consello da cidade, 60 membros dos Consellos Militares nacionais, 40 representantes dos Consellos dos Traballores e 70 dos partidos burgueses. Foi elixido un Comité Executivo de 20 membros.
Porén, os romaneses, o maior grupo étnico, non querían a autonomía, senón máis ben a unificación con Romanía.[1]
O 4 de novembro o Consello Nacional do Banato organizou escuadróns militares e unha garda civil, para establecer o control sobre o territorio do Banato. Porén, o 15 de novembro, as tropas serbias entraron no Banato e puxeron fin á República.
Os Consellos Nacionais foron disolvidos pola nova administración serbo-croata-eslovena o 1 de febreiro de 1919. Uns meses máis tarde, tras a resolución de Alba Iulia e a Grande Asemblea do Pobo en Novi Sad, a rexión do Banat foi dividida principalmente entre o Reino de Romanía e o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos.
O 16 de abril de 1920, a minoría alemá do Banato enviou unha petición á Conferencia de paz de París solicitando o restablecemento da República, como República de Banatia, que incluíra non só o Banato, senón tamén a rexión veciña de Bačka. A República dividiríase en cantóns, cada un administrado polo grupo étnico maioritariko, ou polo conxunto dos grupos étnicos. Porén, esta proposta foi rexeitada,[2] e polo Tratado de Trianon o Banato dividuise entre Romanía, Serbia e Hungría.
Poboación
[editar | editar a fonte]A poboación da República era de 1.582.133 habitantes, sos cales
- 592.049 (37,42 %) eran romaneses,
- 387.545 (24,50 %) alemáns (suabos do Banato),
- 284.329 (17,97 %) serbios,
- 242.152 (15,31 %) húngaros,
- e o resto, integrantes de pequenas minorías étnicas (eslovacos, croatas, búlgaros e rutenos).[Cómpre referencia]
A composicioón relixiosa era a seguinte:
- 855.852 (54,10 %) eran cristiáns ortodoxos,
- 591.447 (37,38 %) eran católicos,
- e pequenos gupos doutras relixións, como calvinistas, luteráns e xudeus.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Richard Weber, Die Turbulenzen der Jahre 1918–1919 in Temeschburg (en alemán) Consultada o 11/1/2012.
- ↑ Milojko Brusin, Naša razgraničenja sa susedima 1919-1920, Novi Sad, 1998.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Leber, Reinhard (1996): Politische Kultur und Systemtransformation in Rumänien: Lokalstudie zu der Stadt Temeswar, Band 280 von Europäische Hochschulschriften P. Lang. ISBN 3-631-48568-9
- Wildmann, Georg (2010): Donauschwäbische Geschichte. Band III 1918–1944. Munchen: Donauschwäbische Kulturstiftung. ISBN 978-3-926276-73-5, S. 807.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: República do Banato |