República do Banato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública do Banato
Republica Bănăţeană (ro)
Banater Republik (de)
Banatska republika/Банатска република (sr)
Bánáti Köztársaság (hu) Editar o valor em Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata
CapitalTimișoara Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Datos históricos
Creación1 de novembro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Disolución15 de novembro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor em Wikidata

A República do Banato ( en romanés Republica Bănăţeană, en alemán Banater Republik, en serbio Banatska republika / Банатска република, en húngaro Bánáti Köztársaság) foi un efémero estado proclamado en Timişoara o 1 de novembro de 1918, o día despois da disolución do Imperio Austro-Húngaro. Recoñecida só por Hungría, a República foi invadida polo exército da veciña Serbia o 15 de novembro. O ano seguinte, o seu territorio foi dividido, nun principio, entre o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos e o Reino de Romanía.

Orixes[editar | editar a fonte]

O Banato é unha rexión xeográfica natural na chaira panónica. Desde 1552, foi unha provincia do Imperio Otomán denomianda Vilaiato de Temeşvar. Despois de 1718, a raíz do Tratado de Passarowitz, a rexión pasou a ser unha provincia da monarquía dos Habsburgo co nome de Banato de Temesvar, que foi suprimida en 1778. Entre 1849 e 1860, a rexión do Banato, xunto coa Bačka e Srem, foi parte dunha nova provincia austrohúngara, o Voivodato de Serbia e Tamiš Banat. A capital de todas estras provincias foi Timişoara.

Historia[editar | editar a fonte]

Mapa da República do Banato. 1918.
A República de Banatia, proposta polos alemáns de Banato en 1920.

O 31 de outubro de 1918, os grupos étnicos que vivían na rexión do Banato(romaneses, húngaros, alemáns, xudeus e serbios) estableceron consellos militares. Nunha reunión, o Dr. Otto Roth, membro do Partido Socialdemócrata, propuxo a creación dun Consello Popular do Banato autónomo, con representantes de cada grupo étnico, pero os oficiais romaneses discreparon deste obxectivo e non houbo ningunha resolución ao respecto.

Os principais membros do Partido Socialdemócrata decidiron porén a proclamación da República o día despois, e o 1 de novembro de 1918, Roth proclamou a República do Banato desde o balcón do Consello local de Timişoara. O presidente da República foi o Dr. Roth, mentres que o comandante militar foi Albert Barta. O Goberno de Hungría recoñeceu a independencia da República.

O mesmo día tivo lugar a reunión fundacional do Consello Popular do Banato, con 20 membros do Consello da cidade, 60 membros dos Consellos Militares nacionais, 40 representantes dos Consellos dos Traballores e 70 dos partidos burgueses. Foi elixido un Comité Executivo de 20 membros.

Porén, os romaneses, o maior grupo étnico, non querían a autonomía, senón máis ben a unificación con Romanía.[1]

O 4 de novembro o Consello Nacional do Banato organizou escuadróns militares e unha garda civil, para establecer o control sobre o territorio do Banato. Porén, o 15 de novembro, as tropas serbias entraron no Banato e puxeron fin á República.

Os Consellos Nacionais foron disolvidos pola nova administración serbo-croata-eslovena o 1 de febreiro de 1919. Uns meses máis tarde, tras a resolución de Alba Iulia e a Grande Asemblea do Pobo en Novi Sad, a rexión do Banat foi dividida principalmente entre o Reino de Romanía e o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos.

O 16 de abril de 1920, a minoría alemá do Banato enviou unha petición á Conferencia de paz de París solicitando o restablecemento da República, como República de Banatia, que incluíra non só o Banato, senón tamén a rexión veciña de Bačka. A República dividiríase en cantóns, cada un administrado polo grupo étnico maioritariko, ou polo conxunto dos grupos étnicos. Porén, esta proposta foi rexeitada,[2] e polo Tratado de Trianon o Banato dividuise entre Romanía, Serbia e Hungría.

Poboación[editar | editar a fonte]

A rexión do Banato, dividida entre Romanía (azul claro), Servia (amarelo claro) e Hungría (rosa), no Tratado de Trianon (1920).

A poboación da República era de 1.582.133 habitantes, sos cales

A composicioón relixiosa era a seguinte:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Richard Weber, Die Turbulenzen der Jahre 1918–1919 in Temeschburg (en alemán) Consultada o 11/1/2012.
  2. Milojko Brusin, Naša razgraničenja sa susedima 1919-1920, Novi Sad, 1998.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Leber, Reinhard (1996): Politische Kultur und Systemtransformation in Rumänien: Lokalstudie zu der Stadt Temeswar, Band 280 von Europäische Hochschulschriften P. Lang. ISBN 3-631-48568-9
  • Wildmann, Georg (2010): Donauschwäbische Geschichte. Band III 1918–1944. Munchen: Donauschwäbische Kulturstiftung. ISBN 978-3-926276-73-5, S. 807.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • [1] Richard Weber, Die Turbulenzen der Jahre 1918-1919 in Temeschburg (en alemán) Consultada o 11/1/2012.