República Cispadana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRepública Cispadana

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 44°29′42″N 11°20′33″L / 44.495, 11.3425Coordenadas: 44°29′42″N 11°20′33″L / 44.495, 11.3425
Poboación
Lingua oficiallingua italiana Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación27 de decembro de 1796 Editar o valor em Wikidata
Disolución27 de xuño de 1797 Editar o valor em Wikidata

A República Cispadana (en italiano: Repubblica Cispadana) foi unha República irmá, un Estado satélite da Primeira República Francesa situado no norte de Italia e que existiu entre 1796 e 1797, cando desapareceu para fusionarse coa República Transpadana e dar orixe á República Cisalpina.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante a Guerra da Primeira Coalición, en marzo de 1796, Napoleón Bonaparte foi nomeado comandante en xefe do exército francés na fronte italiana,[1] onde os franceses levaban loitando desde 1792 contra tropas austríacas e piemontesas da Primeira Coalición. Nunha exitosa serie de campañas relampo, Napoléon invadiu e derrotou o Piemonte en abril e posteriormente venceu as tropas austríacas conquistando ao longo de 1796 o Ducado de Milán e o de Mantua, que estaban baixo soberanía austríaca. Posteriormente invadiu os Estados Pontificios e conquistou a rexión de Emilia-Romaña. A medida que as tropas francesas avanzaban por solo italiano, declaraban disolvida a orde feudal preexistente e apoiaban os republicanos locais.

O Ducado de Módena, lindeiro cos Estados da Igrexa, viuse á súa vez inmerso na marea revolucionaria que trouxeron os franceses, de tal forma que os republicanos locais derrogaron o goberno ducal en agosto de 1796.

As cidades de Módena e Reggio (situadas ambas no Ducado de Módena), así como as cidades de Boloña e Ferrara, pertencentes até entón aos Estados Pontificios, proclamáronse cidades-estado republicanas. O 16 de outubro de 1796 celebraron un congreso na cidade de Módena, onde decidiron unirse para formaren a Federazione Cispadana. O congreso foi organizado de forma non oficial por Napoleón, que necesitaba estabilizar a situación política no norte de Italia e conseguir máis tropas que se uniran ao seu exército na campaña que levaba a cabo contra os austríacos. O congreso proclamou en decembro que as catro provincias cispadanas (Módena, Reggio, Boloña e Ferrara) se constituíran na República Cispadana e invitaron outras vilas e cidades italianas a unírense a ela.

Formouse unha garda cidadá formada por corpos de cazadores e artillaría. A fundación oficial da República Cispadana, segundo o modelo do Directorio francés, non se produciu de maneira oficial até o congreso de Reggio celebrado do 27 de decembro de 1796 ao 9 de xaneiro de 1797, no que se reuniron os representantes das catro cidades. O 7 de xaneiro de 1797 na sala do Arquivo Ducal de Reggio Emilia o congreso decidiu establecer un goberno común. A bandeira elixida foi unha tricolor de bandas horizontais coas cores vermella, branca e verde.

En febreiro de 1797 produciuse a derrota definitiva dos austríacos na rexión ao caer a praza forte de Mantua. Esta conquista francesa permitiu garantir unhas comunicacións seguras entre as cidades cispadanas e a veciña República Transpadana, que se fundara uns meses antes ao norte do río Po. O 29 de xuño de 1797, a República Cispadana foi refundada como República Cisalpina. Uns días máis tarde, o 9 de xullo, o que quedaba da República Transpadana integrouse tamén na República Cisalpina.

Consideracións[editar | editar a fonte]

  • O nome da república fai mención ao río Po (en latín Padus). A República Cispadana sería polo tanto, a república que está situada a este lado do Po. Curiosamente, o Po era o río que marcaba a fronteira norte da república, polo que a denominación de Cispadania tomábase desde un punto de vista italiano peninsular e non francés. En caso de que o nome fora posto desde o punto de vista francés, denominaríase República Transpadana, xa que para os franceses, este era o territorio ao outro lado do Po. A utilización do termo cispadano recorda en certa forma á provincia romana da Gallia Cisalpina e tamén incide en certo modo nunha volta a un poder político unitario italiano, que desaparecera da historia italiana durante séculos.
  • A creación das Repúblicas Cispadana e Transpadana a finais do século XVIII pode considerarse por tanto como un dos primeiros fitos no proceso de unificación italiana. Como paradoxo da historia, o termo Padania está ligado na actualidade ao movemento político Liga Norte, que promulga a secesión do norte de Italia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "1807: A paz de Tilsit". Deutsche Welle (en portugués). 20-08-2005. Consultado o 26 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Louis Bergeon, François Furet e Reinhart Koselleck (1976): Historia Universal 26. La época de las Revoluciones Europeas. 1780-1848. Ed. Siglo XXI de España. ISBN 978-84-323-0219-0
  • T .C. W. Blanning (1996): The French Revolutionary Wars, 1787-1801. Hodder Education Publishers; ISBN 0-340-64533-4.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]