Reino de Polonia (1916-1918)
Królestwo Polskie (pl) Königreich Polen (de) | |||||||
Localización | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Capital | Varsovia | ||||||
Poboación | |||||||
Lingua oficial | lingua alemá lingua polaca | ||||||
Datos históricos | |||||||
Precedido por | |||||||
Creación | 1916 | ||||||
Disolución | 1918 | ||||||
Sucedido por | Segunda República Polaca | ||||||
Evento clave
| |||||||
Organización política | |||||||
Forma de goberno | rexente monarquía | ||||||
Membro de | |||||||
Moeda | Polish marka (en) | ||||||
O Reino de Polonia, tamén coñecido informalmente como Reino da Rexencia de Polonia (en polaco: Królestwo Polskie), foi un estado proposto por unha lei do 5 de novembro de 1916, emitida polo Imperio Alemán e o Imperio Austrohúngaro en plena primeira guerra mundial. O proxecto de ambas potencias era utilizar o antigo territorio ruso do Vístula comunmente chamado Polonia Rusa máis coñecido oficialmente como "Territorios do Vístula" (en ruso:Privislinsky Krai, para evitar o uso da palabra "Polonia"); este territorio sería empregado para fundar un Estado Polaco sobre as zonas que as tropas alemás arrebataran ós rusos durante as campañas bélicas, e que correspondían a unha gran parte da Polonia rusa gobernada pola administración militar alemá coñecida como Ober-Ost.
As fronteiras do novo Estado Polaco non estaban definidas en 1916 mais estaba claro que funcionaría como un Estado fantoche do Imperio Alemán. A proposta nunca gañou moito apoio en Alemaña e o obxectivo real era ter un exército de soldados polacos que loitaran por as Potencias Centrais.
Rexentes do Reino (1916-1918)
[editar | editar a fonte]O Consello de Rexencia nunca logrou elixir un novo monarca e nunca adquiriu moita importancia xa que os seus movementos foron inhabilitados polo Gobernador Xeral Alemán, Hans Hartwig von Beseler; de feito tras o Tratado de Brest-Litovsk en febreiro de 1918, a administración militar do Ober-Ost volveu a obter o poder e autoridade pois a paz con Rusia eliminaba un motivo principal dos alemáns para crear un estado fantoche en Polonia, debilitando o proxecto do "Reino Polaco". Porén o 11 de novembro de 1918, ó facerse efectivo o armisticio de Alemaña coa Tripla Entente, e tras estoupar a Revolución de Novembro en Alemaña, os soldados xermanos desmobilizáronse para volver ás súas casas e o impotente Consello de Rexencia cedeu todas as responsabilidades ós independentistas polacos dirixidos por Józef Połsudski. Sen o apoio popular polaco e sen sostemento das tropas alemás, a Rexencia de Polonia disolveuse oficialmente tres días máis trade, aínda que as súas tropas e aparato administrativo puideron en parte ser empregados como solución de emerxencia para dirixir os primeiros meses da Segunda República Polaca.
- Józef Rapacki, Pro memoria. Prusak w Polsce, Wydawnictwo Tygodnika Ilustrowanego, Warszawa