Saltar ao contido

Compromiso austrohúngaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Compromiso austrohúngaro
 Instancia de
Datas
 Data
1867 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/022fzz Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata

O Compromiso autrohúngaro (en maxiar kiegyezés, en alemán Ausgleich, ambas significan "compromiso ou "acordo"), refírese ó acordo en febreiro de 1867 que daba inicio á monarquía dual austrohúngara. O acordo foi asinado polo emperador de Austria Francisco Xosé I e o delegado maxiar Ferenc Deák. Nel equipárase Austria a Hungría dentro do estado común que pasa a se-lo Imperio Austrohúngaro.

Este imperio perviviría ata a súa derrota na primeira guerra mundial en 1918.