Regato do Sobradiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°03′37″N 7°55′58″O / 42.06028, -7.93278

Regato do Sobradiño
Fervenza á altura dos muíños de Caíde
PaísGalicia Galicia
ParroquiaSanguñedo, Verea
NacementoMonte de Bande
AltitudeApróx. 1.030 msnm
LonxitudeApróx. 5 km
DesembocaduraRegato de Quintela
Altitude desembocaduraApróx. 720 msnm

O regato do Sobradiño nace no monte de Bande, por riba dos Casares e desemboca no regato de Quintela entre Casal de Abade e As Laceiras, atrás da Ponte do Cubo. Nel atópanse o pozo Mimón e os muíños de Caíde. O curso do regato atravesa os lugares de Sanguñedo e Casal de Abade.

Toponimia[editar | editar a fonte]

A orixe etimolóxica do topónimo Sobradiño non está de todo clara. Pode que sexa un fitotopónimo referido á sobreira (Quercus suber) ou masa arbórea de sobreiras (sobreiral). Outros autores sinalan que poder ser un tautotopónimo, nesta caso a orixe de Sobradiño viría da voz latina seperatu ou superatu que significa "altura" ou "que está sobre ou enriba". A evolución do termo sería a seguinte: Superatum -> Seperatu ou Superatu -> Superado -> Suberado -> Soberado -> Sobrado -> Sobradiño.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Quiles, Fernando Cabeza (2008). Toponimia de Galicia. Editorial Galaxia. ISBN 978-84-9865-092-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]