Saltar ao contido

Os Casares, Sanguñedo, Verea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Casares
ParroquiaSanguñedo
ConcelloVerea
Coordenadas42°04′30″N 7°54′03″O / 42.075, -7.90083333
Poboación16 hab. (2020)
editar datos en Wikidata ]

Os Casares é un lugar da parroquia de Sanguñedo, no concello ourensán de Verea na comarca da Terra de Celanova. Tiña dezaséis habitantes no ano 2020, dos cales sete eran homes e nove eran mulleres.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Este lugar dista da capital do concello 7,1 quilómetros pola estrada OU-0206.

Preto dos Casares, no monte de Outeiro, nace o regato de Quintela.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O substantivo casar (a forma máis estendida é casal) procede do latín casale, á súa vez derivado do substantivo casa ‘choupana’, ‘casa de campo, granxa’, que acabou asumindo os significados que tiña en latín o substantivo domus ‘casa, residencia’. O termo casar debeu designar en orixe un conxunto de construcións precarias empregadas a xeito de alpendre ou cobertizo. Posteriormente, pasaron a se lle aplicar a un tipo de propiedade rural consistente nunha casa de campo coas dependencias auxiliares e mais as terras de labor, ou ben un pequeno agrupamento de casas no campo. De todos os xeitos, trátase dun topónimo moi abundante en todo o territorio galego, onde se rexistran máis de duascentas entidades de poboación que conteñen na súa denominación o substantivo casal e derivados do mesmo.[2]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Sanguñedo

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Sanguñedo no concello de Verea (Ourense)

Abeleda | Balín | Casal de Abade | Os Casares | Outeiro | Sanguñedo


Parroquias de Verea

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Verea

Albos (San Mamede) | Bangueses (San Miguel) | Cexo (Santo Adrao) | Domés (San Martiño) | Gontán (Santo André) | Ourille (San Pedro) | Pitelos (Santa María) | Portela (Santa Baia) | Sanguñedo (San Salvador) | Santa María de Cexo (Santa María) | Verea (Santiago)


  1. "Instituto Nacional de Estadística. Nomeclátor. Relación de unidades poboacionais.". www.ine.es. Consultado o 2021-02-01. 
  2. "Toponimia de Begonte e Rábade". publicacions.academia.gal. Arquivado dende o orixinal o 07/02/2021. Consultado o 02/02/2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]