Refundación Comunista Sanmarinesa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Refundación Comunista Sanmarinesa | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | comunismo |
Data de fundación | 1992 |
Data de disolución | 2012 |
Sede | Borgo Maggiore |
País | San Marino |
Na rede | |
http://www.rifondazionecomunista-rsm.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Refundación Comunista Sanmarinesa (en italiano: Rifondazione Comunista Sammarinese, RCS) foi un partido político comunista de San Marino, foi membro da Esquerda Europea. Creouse en 1992, cando o antigo Partido Comunista de San Marino se uniu xunto o Partido Democrático Progresista de San Marino e outros partidos nun único.
Historia
[editar | editar a fonte]Nas eleccións xerais de 2001 o RCS conseguiu un 3.4% dos votos, mentres que nas do 2006 aumentou ata o 8.7% e logrou cinco escanos no Consello Grande e Xeral e como parte da Esquerda Unida, incluíndo o Partido de esquerda, unha escisión do Partido dos Demócratas. Dende entón formou parte da coalición de goberno 2006–2008 xunto co Partido dos Socialistas e dos Demócratas e Alianza Popular, ata que as tensións entre o seu grupo e os demais provocou que a coalición comezara a desintegrarse.
Nas eleccións parlamentarias de 2008, Esquerda Unida, o grupo político da Refundación Comunista, formou parte de Riforme e Libertà, unha coalición electoral que conseguiu 25 dos 60 escanos do Consello Grande e Xeral logrou o 45.78% dos votos, pero non obtivo a maioría política. A Refundación Comunista Sanmarinesa conseguiu uns poucos escanos e unha pequena porcentaxe do voto nacional como parte de Esquerda Unida que conseguiu 5 escanos e o 8.75% do voto nacional.
Durante a lexislatura, Esquerda Unida foi reestructurada pasando de ser unha alianza a ser un partido político, absorbendo a Refundación Comunista Sanmarinesa.