Refrixeración por compresión
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/dc/Compresor_alternativo_R22.jpg/250px-Compresor_alternativo_R22.jpg)
A refrigeración por compresión consiste en forzar mecanicamente a circulación dun fluído por un circuíto pechado creando zonas de alta e baixa presión co propósito de que o fluído absorba calor nun lugar e a disipe noutro.
Máquina frigorífica por compresión mecánica[editar | editar a fonte]
Unha máquina frigorífica por compresión ten por cometido desprazar enerxía térmica en forma de calor entre dous puntos. A máis simple delas é a refrixeración por compresión mecánica dunha soa etapa.
A refrixeración por compresión lógrase evaporando un gas refrixerante en estado líquido a través dun dispositivo de expansión dentro dun intercambiador de calor, denominado evaporador. Para evaporarse este require absorber calor latente de vaporización. Ao evaporarse o líquido refrixerante, cambia o seu estado a vapor. Durante o cambio de estado o refrixerante en estado de vapor absorbe enerxía térmica do medio en contacto co evaporador, ben sexa este medio gasoso ou líquido. A esta cantidade de calor contida no ambiente denomínase carga térmica. Logo deste intercambio enerxético, un compresor mecánico encárgase de aumentar a presión do vapor para poder condensalo dentro doutro intercambiador de calor coñecido como condensador e facelo líquido de novo. Neste intercambiador libéranse do sistema frigorífico tanto a calor latente como a sensible, ambas compoñentes da carga térmica. Xa que este aumento de presión ademais produce un aumento na súa temperatura, para lograr o cambio de estado do fluído refrixerante -e producir o arrefriamento do mesmo- é necesario arrefrialo no interior do condensador; isto adóitase facer por medio de aire ou auga ou ambos conforme o tipo de condensador, definido moitas veces en función do refrixerante. Deste xeito, o refrixerante en estado líquido, pode evaporarse novamente a través do dispositivo de expansión e repetir o ciclo de refrixeración por compresión. Para mellorar o funcionamento do sistema é necesario introducir disposivos de control como son o termóstato, presóstato, válvula magnética, válvula de seguridade, entre outros. Tamén son recomendables elementos auxiliares como recipiente de líquido refrixerante, filtro deshidratador, silenciador, visor líquido refrixerante, separador de aceite, entre outros.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/52/Ph_simple_etapa.jpg/300px-Ph_simple_etapa.jpg)
Outra modalidade de evaporación do refrixerante corresponde a un amaño que permite realizar a vaporización do refrixerante na saída do evaporador, dando unha maior superficie efectiva a este intercambiador ao mantelo cheo de líquido e, por conseguinte, un maior rendemento. Non obstante, o anterior non é posible de realizar en todo tipo de sistemas de refrixeración, xa que require voluminosas instalacións anexas e sistemas de bombeo para alimentar aos denominados evaporadores inundados, utilizados xeralmente en plantas frigoríficas ou cámaras de refrixeración industriais.
É así como a máquina frigorífica de refrixeración por compresión despraza a enerxía entre dous focos; creando zonas de alta e baixa presión confinadas en intercambiadores de calor, producíndose estes procesos de intercambio de enerxía cando o fluído refrixerante se atopa en procesos de cambio de estado; de líquido a vapor e viceversa.
Unidades de medida[editar | editar a fonte]
Hai que distinguir, na potencia, dúas magnitudes: potencia absorbida (en enerxía mecánica, sexa con motor eléctrico, con motor de explosión ou con turbina) e potencia de arrefriamento ou de refrixeración
- No Sistema Internacional de Unidades (S.I.), a potencia dos equipos frigoríficos mídese en vatios (W) ou en múltiplos das súas unidades.
- No Sistema técnico de unidades utilízase para a potencia de arrefriamento a caloría/hora, aceptada nun anexo do S.I., aínda que pode chamarse tamén frigoría/hora, que ten a mesma definición que a caloría/hora e a única diferenza é que se emprega para medir a calor extraída, non a achegada.
- Na práctica comercial norteamericana, a potencia de refrixeración mídese en "toneladas de refrixeración", ou en BTUs.
Máquinas que aplican a refrixeración por compresión[editar | editar a fonte]
- Equipos de refrixeración
- Aire acondicionado ou acondicionador de aire
- Refrixerador, neveira ou frigorífico
- Arrefriador de auga
- Tanque de leite
- Cámara de refrixeración
- Fábrica de xeo
- Aire acondicionado automotor
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Refrigeração I: ciclo, fluido, processo de compressão - www.mspc.eng.br (en portugués).