Tonelada de refrixeración
A tonelada de refrixeración (TRF) é a unidade nominal empregada nalgúns países, especialmente de Norteamérica, para referirse á capacidade de extracción de carga térmica (arrefriamento) dos equipos frigoríficos e de aire acondicionado. Pode definirse como a cantidade de calor latente absorbida pola fusión dunha tonelada de xeo sólido puro en 24 horas. Nos equipos, isto equivalería a unha potencia capaz de extraer 12.000 BTUs por hora, o que no Sistema Internacional de Unidades (SI) equivale a 3.517 W (3,517 kW).
Se partimos de que para converter unha libra de xeo nunha libra de auga líquida se precisan 144 BTU's, e de que unha tonelada equivale a 2.000 libras, ao multiplicar 144 por 2.000, temos que durante o proceso absorberanse 288.000 BTUs do ambiente (Ver Transmisión de calor). Para os efectos de converter esta valor nunha medida nominal, considerouse un período de 24 horas, polo que ao dividir os 288.000 BTUs polas 24 horas, o resultado é: 288.000/24 = 12.000 BTU/h.
Non obstante, aínda ser unha unidade chamada a desaparecer coa adopción global do SI, actualmente séguese empregando de maneira convencional. O cambio estase dando de forma gradual, pois os fabricantes e enxeñeiros agora especifican a capacidade dos equipos tanto en BTU/h como en Watts, mentres que algúns xa só o fan en Watts.