Recipiente de líquido refrixerante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Recipiente de líquido.

O recipiente de líquido refrixerante é un dos elementos das instalacións frigoríficas simples e as unidades condensadoras. Está situado á saída do condensador. Este recipiente a presión é un cilindro metálico pechado mediante tapas embutidas que pode estar en posición horizontal ou vertical. Leva un tubo sonda que admite líquido refrixerante. Nas instalacións industriais adoita levar unha válvula de seguridade, un visor de nivel de líquido, unha válvula de purga de aceite e outra de gases icondensables.

Descrición[editar | editar a fonte]

Nos sistemas que varía moito a carga térmica, precísase unha reserva de líquido refrixerante entre o condensador e o evaporador.

A súa función é recibir o líquido resultante da condensación do fluído refrixerante e almacenar o devandito líquido en función das necesidades do evaporador. Do mesmo xeito, deixará pasar o líquido refrixerante que sexa preciso cando o equipo teña un maior traballo e demande unha maior cantidade de refrixerante. Tamén pode ser de utilidade á hora de baleirar o fluído refrixerante da instalación frigorífica , posto que se pode almacenar e manter ata a súa nova utilización.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Rapin, Pierre J. (1996). [Paris] : Pyc édition, 1996, ed. Installations frigorifiques. 2, Technologie. OCLC 37234395 .