Termóstato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Termóstato bimetálico de seguridade con reinicio manual.

Un termóstato[1] é o compoñente dun sistema de control simple que abre ou pecha un circuíto eléctrico en función da temperatura ambiente. Utilízase habitualmente en calefacción para acender ou apagar unha caldeira ou en climatización para arrancar ou parar un compresor. Outro exemplo podémolo atopar nos motores de combustión interna,onde o termóstato controla o fluxo de refrixerante líquido que regresa ao radiador dependendo da temperatura do motor.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Bimetálicos[editar | editar a fonte]

Consiste en dúas láminas de metal, con diferente coeficiente de dilatación, que están unidas. Cando a temperatura ambiente cambia a forma da lámina tamén o fai actuando sobre uns contactos que pechan un circuíto eléctrico. Poden ser normalmente abertos ou normalmente pechados cambiando o seu estado cando a temperatura alcanza o valor prefixado.

Manuais[editar | editar a fonte]

Son os que requiren de intervención humana para volver ao seu estado inicial, como os termóstatos de seguridade que realizan a función en caso de que a temperatura alcance niveis perigosos.

Automáticos[editar | editar a fonte]

Retornan ao seu estado inicial sen necesidade de intervención humana. Actúan de forma totalmente automática, de aí a súa aplicación actual en gran parte dos fogares. Hai dous tipos.

De gas encerrado[editar | editar a fonte]

Consiste nun gas pechado dentro dun tubo metálico. Cando a temperatura sobe, o gas expándese e empurra a válvula, que realiza unha determinada función. Para a regulación modifícase o volume do gas no tubo variando a presión.

De parafina[editar | editar a fonte]

Empregado en válvulas de control de fluídos, conten unha parafina encapsulada que se expande ao aumentar a temperatura, esta a súa vez empurra un disco que permite o paso do fluído. Cando a temperatura do fluído diminúe, un resorte fai tornar o disco á súa posición inicial pechando o paso. Un exemplo é o usado no sistema de arrefriamento de motores.

Electrónicos[editar | editar a fonte]

Os electrónicos son cada vez máis habituais debido as súas vantaxes xa que poden estar libres de partes mecánicas polo que se evitan deterioracións, pódense configurar cunha temperatura con "limiar" ou tempo mínimo entre activacións, pódense integrar doadamente nun sistema con máis funcións como un programador horario. Utilizando un controlador PID pode facer unha xestión máis intelixente.

Notas[editar | editar a fonte]

[1]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para termóstato.