Referendo de independencia de Bougainville de 2019

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
             Bougainville             
Referendo sobre a independencia de Bougainville de 2019
23 de novembro7 de decembro de 2019
Tipo Referendo
Debate(s) Está de acordo que Bougainville teña:
(1) Maior autonomía
(2) Independencia

Demografía electoral
Electores 206.731
Votantes 181.067
Participación
  
87.59%
Votos válidos 179.971
Independencia
  
98.31%
Autonomía
  
1.69%

Un referendo de independencia non vinculante celebrouse en Bougainville,[1] unha rexión autónoma de Papúa Nova Guinea, entre o 23 de novembro e o 7 de decembro de 2019. A pregunta do referendo era unha escolla entre maior autonomía dentro de Papúa Nova Guinea ou unha completa independencia, e a maioría abosulta dos votantes (98,31%) votou a prol da independencia.

O referendo foi o resultado dun acordo de 2001 entre o goberno de Papúa Nova Guinea e o Goberno Autónomo de Bougainville, que rematou coa guerra civil que ocorreu entre 1988 e 1998. A votación non é vinculante e o Goberno de Papúa Nova Guinea ten a decisión final sobre o futuro de Bougainville. Os observadores declararon que o claro resultado dificulta a Papúa Nova Guinea ignorar ou atrasar unha decisión, mais a independencia podería tardar anos en alcanzarse.

Contexto[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Guerra civil de Bougainville.

Papúa Nova Guinea converteuse nun estado independente de Australia en 1975,[2] e Bougainville obtivo o status de provincia en 1976.[3] En 1988, as tensións evolucionaron nunha guerra civil entre o Exército Revolucionario de Bougainville e as forzas do Goberno de Papúa Nova Guinea.[2] Un tema clave do conflito foi a mina de Panguna, que pechou en 1989.[3]

A guerra civil rematou cun alto ó lume en 1998, que foi seguido dun Acordo de Paz en 2001.[4] O acordo estabeleceu un Goberno Autónomo de Bougainville,[5] e un referendo sobre a independencia de Bougainville que se celebraría 10-15 anos despois da elección do primeiro goberno autonómico de Bougainville, e que tiña como prazo máximo xuño de 2020.[2] O referendo sería non vinculante, e a decisión final quedaría en mans do goberno de Papúa Nova Guinea.[2][6]

En novembro de 2019, Raymond Masono, vicepresidente da Rexión Autónoma de Bougainville, fixo campaña sobre a reapertura da mina de Panguna se o referendo tiña un resultado faborable á independencia. Panguna pechou en 1989 por mor da guerra e estímase que o valor do cobre chega ós 60 billóns de dólares. Coa independencia, tódolos intereses de Papúa Nova Guinea transferiríanse a Bougainville, dándolle unha participación do 60% en tódolos proxectos e conservando todas as licenzas mineiras. O 40% restante deixaríase para ofertar a investidores.[7]

Planificación[editar | editar a fonte]

A votación foi orixinalmente proposta para o 15 de xuño de 2019,[8] mais adiouse até o 17 de outubro en medio de acusacións de que o goberno estatal tardou en achegar a maior parte dos fondos prometidos para o referendo.[9] O referendo foi adiado de novo até o 23 de novembro por solicitude da Comisión de Referendo de Bougainville para asegurar a credibilidade do mesmo e para que máis persoas puidesen votar. Ámbolos dous gobernos acordaron que ese sería o derradeiro atraso.[10] A votación foi organizada de tal xeito que durase dúas semanas, dende o 23 de novembro até o 7 de decembro.[11]

A votación tivo que facer fronte a un alto grao de dificultade na organización, xa que a maioría da poboación vive en pequenas aldeas e vilas, e case a metade da poboación é analfabeta.[12]

En outubro de 2018, o antigo Taoiseach de Irlanda, Bertie Ahern, foi designado para presidir a Comisión de Referendo de Bougainville, que se encargou de preparar a votación.[13]

Votantes[editar | editar a fonte]

En novembro, a comisión rematou a "lista de votantes certificados" para ser utilizada na votación.[14] O número final de votantes foi 206 731, sobre unha poboación total de preto de 300 000 persoas.[15] Os homes que estaban facendo o rito de iniciación upe tiveron permitido votar nuns colexios electorais especiais só para homes.[16] Os habitantes de Bougainville que vivían noutras partes de Papúa Nova Guinea, en Australia ou nas Illas Salomón tamén puideron exercer o seu voto.[14]

Votantes rexistrados[14]
Votantes Homes Mulleres Xénero descoñecido Total
Votantes residentes en Bougainville 98 565 95 371 80 194 016
Votantes fóra de Bougainville 6 846 5 844 25 12 715
Total 105 411 101 215 105 206 731

Pregunta[editar | editar a fonte]

A pregunta que se lle fixo ós votantes foi:

Estás de acordo en que Bougainville teña: (1) Maior autonomía (2) Independencia?[17]

Resultados[editar | editar a fonte]

Os resultados do referendo foron anunciados o 11 de decembro de 2019. Máis do 98% dos votos válidos foron a prol da independencia.[18][19] Antes da elección, agardábase un resultado positivo da opción independentista,[2][11][20][21] con The Guardian informando de estimacións do 90% a prol da independencia.[2]

Un funcionario declarou que o referendo ía "mellor do agardado", e que os votantes estaban estusiasmados,[20] e Divine Word University dixo que a votación celebrouse nunha atmosfera de celebración.[22]

Votos
Independencia
  
98.31%
Maior autonomía
  
1.69%

Repercusións[editar | editar a fonte]

Despois do anuncio do resultado, John Momis, presidente da Rexión Autónoma de Bougainville, declarou que "polo menos psicoloxicamente, sentímonos liberados". O ministros de Asuntos de Bougainville do goberno de Papúa Nova Guinea, Puka Temu, declarou que "o resultado é crible", pero dixo que Papúa Nova Guinea debería ter tempo para asimilar o resultado.[5] Como o referendo non é vinculante, a independencia deberá ser negociada entre os líderes de Bougainville e Papúa Nova Guinea. A decisión final sobre o status de Bougainville dependerá do Parlamento Nacional de Papúa Nova Guinea. Rod McGuirk da revista Time declarou que "o proceso de converterse nun estado separado podería tardar anos en acadarse."[23]

O primeiro ministro de Papúa Nova Guinea, James Marape, recoñeceu o resultado do referendo e declarou que só comprometería o seu goberno a elaborar "unha folla de ruta que leve a un acordo de paz duradeiro" en acordo coas autoridades de Bougainville. Os funcionarios de Papúa Nova Guinea manifestaron a súa preocupación de que a independencia de Bougainville sentase un precedente para outros movementos de secesión imitadores noutras provincias como Nova Bretaña Oriental, Nova Irlanda e Enga.[24]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lyons, Kate (11 de decembro de 2019). The Guardian, ed. "Bougainville referendum: region votes overwhelmingly for independence from Papua New Guinea" (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 12 de decembro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Lyons, Kate (19 de novembro de 2019). The Guardian, ed. "Birth of a nation? Bougainville's independence referendum explained". Consultado o 11 de decembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 "51. Papua New Guinea/Bougainville (1975-present)". University of Central Arkansas. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2019. Consultado o 11 de decembro de 2019. 
  4. Jorari, Leanne (21 de novembro de 2019). The Guardian, ed. "'We've wanted this for a long time': Bougainville prepares for independence vote". Consultado o 11 de decembro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 BBC, ed. (11 de decembro de 2019). "Bougainville referendum: PNG region votes overwhelmingly for independence". Consultado o 11 de decembro de 2019. 
  6. "Bougainville referendum not binding - PM". Radio New Zealand (en inglés). 11 de marzo de 2019. Consultado o 18 de marzo de 2019. 
  7. Amanda Stutt (11 de decembro de 2019). Mining.com, ed. "Bougainville independence could revive one of world’s biggest copper mines". Glacier Media. Consultado o 12 de decembro de 2019. 
  8. ABC News, ed. (23 de maio de 2016). "Bougainville and Papua New Guinea set target date for independence referendum" (en inglés). Consultado o 21 de outubro de 2017. 
  9. "Independence vote delayed for Papua New Guinea's Bougainville". France 24 (en inglés). 1 de marzo de 2019. Consultado o 2 de marzo de 2019. 
  10. Gorethy, Kenneth (5 de agosto de 2019). "B’ville referendum dates changed". Post Courier (en inglés). Consultado o 5 de agosto de 2019. 
  11. 11,0 11,1 France 24, ed. (27 de setembro de 2019). "Bougainville set to hold long-awaited independence referendum" (en inglés). Consultado o 6 de outubro de 2019. 
  12. Lyons, Kate (19 de novembro de 2019). The Guardian, ed. "Birth of a nation? Bougainville's independence referendum explained" (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 20 de novembro de 2019. 
  13. Radio New Zealand, ed. (17 de outubro de 2018). "Bougainville 'very happy' to have Bertie Ahern involved" (en inglés). Consultado o 19 de outubro de 2018. 
  14. 14,0 14,1 14,2 Bougainville Referendum Commission, ed. (6 de novembro de 2019). "Referendum Roll Completed". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2019. Consultado o 11 de decembro de 2019. 
  15. "Photo essay: Bougainville's historic independence referendum". RNZ (en inglés). 6 de decembro de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  16. Perry, Nick (3 de decembro de 2019). "Bougainville independence referendum ends". The Canberra Times. Consultado o 8 de decembro de 2019. 
  17. Radio New Zealand, ed. (13 de outubro de 2018). "Question agreed for Bougainville's independence referendum" (en inglés). Consultado o 19 de outubro de 2018. 
  18. AFP. "Bougainville voters back independence by landslide". The Standard. Consultado o 12 de decembro de 2019. 
  19. Yeung, Jessie; Watson, Angus (11 de decembro de 2019). CNN, ed. "Bougainville independence vote delivers emphatic demand to become world's newest nation". Consultado o 11 de decembro de 2019. 
  20. 20,0 20,1 "Polls close in Bougainville referendum on independence from PNG". www.aljazeera.com. Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  21. Australian Associated Press, ed. (29 de xaneiro de 2014). "PNG leader apologises to Bougainville for bloody 1990s civil war". Consultado o 9 de febreiro de 2019. 
  22. "The celebratory Bougainville referendum – stories from Siwai". www.lowyinstitute.org (en inglés). Consultado o 9 de decembro de 2019. 
  23. Rod McGuirk (11 de decembro de 2019). Time, ed. "Seeking Independence From Papua New Guinea, Bougainville Votes to Become World's Newest Country". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2019. Consultado o 11 de decembro de 2019. 
  24. Alan Boyd (11 de decembro de 2019). Asia Times, ed. "China has big stake in Bougainville independence". Consultado o 12 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]