Rexión Autónoma de Bougainville
Rexión Autónoma de Bougainville | |||
---|---|---|---|
| |||
Estado | ![]() | ||
Capital | Buka | ||
• Poboación | 7.700 (2006) | ||
Cidade máis poboada | Arawa | ||
Presidente Vicepresidente | John Momis (2010–presente) Raymond Masono (2017–presente) | ||
• Total | 10.049 km² | ||
• Total | 249.358 (2011) hab. | ||
• Densidade | n/d | ||
Fuso horario | UTC+11 | ||
Código ISO | PG-NSB | ||
Bougainville é unha das subdivisións de Papúa Nova Guinea constituída como rexión autónoma desde o 15 de xuño do 2005, a diferenza do resto das subdivisións de Papúa Nova Guinea, que son provincias. Tamén se lle chama á rexión Salomóns do Norte, pois forma parte do arquipélago das Salomón, ademais de terse constituído xa en 1975 durante uns meses como República de Salomón do Norte. Durante o dominio alemán referíronse como Illas Salomón do Norte.
A illa principal é a propia Bougainville, mais está acompañada da illa Buka como tamén doutras pequenas illas. A súa capital é Buka temporalmente, a esperas de que se volva para Arawa. A poboación da provincia era de 175.160 no censo de 2000.