Redemuíños, Quintela de Leirado
| Redemuíños | |
|---|---|
Paisaxe da serra de Laboreiro dende Redemuíños. | |
| Concello | Quintela de Leirado[1] |
| Provincia | Ourense |
| Coordenadas | 42°08′48″N 8°04′59″O / 42.14656262361, -8.0831824137421 |
| Poboación | 130 hab. (2023) |
| Entidades de poboación | 11[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Salvador de Redemuíños é unha parroquia do concello de Quintela de Leirado na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 130 habitantes (58 homes e 72 mulleres).
A igrexa parroquial inclúe un fermoso retablo, coa parte central enmarcada por columnas salomónicas. Sobre o altar hai unha imaxe da Virxe. Na parte central, destacando sobre o conxunto, represéntase o Salvador. Coroa o retablo un Cristo en Maxestade sentado á dereita do Padre e San Paulo.
No contorno da igrexa está a casa reitoral, cun reloxo de sol tallado na pedra, coroado pola figura dun músico, tamén tallado en pedra, que está tocando unha guitarra.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Redemuíños
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Redemuíños no concello de Quintela de Leirado (Ourense) | |
|---|---|
|
O Alcouce | Atrio | Beade | Cima de Vila | A Corredoira | Outeiro | As Pereiras | Reguengo | Río de Abaixo | Río de Arriba | Souto |
Parroquias de Quintela de Leirado
[editar | editar a fonte]| Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Quintela de Leirado | |
|---|---|
|
Leirado (San Pedro) | Mociños (Santa María) | Quintela de Leirado (San Paulo) | Redemuíños (San Salvador) | Xacebáns (Santiago) |