Leirado, Quintela de Leirado
Leirado | |
---|---|
Igrexa de San Pedro de Leirado. | |
Concello | Quintela de Leirado[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°07′49″N 8°05′27″O / 42.130152777778, -8.0907583333333 |
Poboación | 205 hab. (2023) |
Entidades de poboación | 13[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Pedro de Leirado é unha parroquia do concello de Quintela de Leirado na comarca da Terra de Celanova, na provincia de Ourense. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 205 habitantes (101 homes e 104 mulleres).
Historia
[editar | editar a fonte]En 1893 constituíronse as novas parroquias de Quintela de Leirado e de Xacebáns, segregándose os seus lugares de Leirado.[3] Ademais, perdeu algún lugar que pasou a formar parte da nova parroquia de Mociños e gañou outros que procedían da extinguida parroquia de Leirado (Santa María).[4]
Patrimonio artístico
[editar | editar a fonte]Igrexa parroquial
[editar | editar a fonte]De estilo barroco, foi construída entre 1664 e 1710. Pertenceu ó mosteiro de Ramirás. É de planta de cruz latina, con tres naves separadas por columnas e cubertas de madeira. Sobre o cruceiro ten unha bóveda con lanterna que ilumina o altar. A ábsida ten bóveda de crucería. A sancristía ten bóveda de canón cun curioso lavamáns con forma de cabeza, que bota auga pola boca.
O retablo é de estilo rural galego, obra de Alonso López e Bernardo de Cores. O sagrario, duns 2,20 metros de alto, está dividido en tres corpos. Inclúe na súa porta unha miniatura representando a Última Cea. Nos laterais ten representacións da adoración dos pastores e o nacemento do Salvador. No segundo corpo represéntase o sacrificio de Abraham, e no terceiro a escena de David e Goliat. Os enmarques do retablo están decorados con diversas escenas da vida da Virxe, no Novo Testamento e representacións de santos.
Nas inmediacións do templo consérvanse os restos dun via crucis.
Capela da Virxe dos Remedios
[editar | editar a fonte]Ten unha torre, co campanario, á esquerda da fachada que destaca pola súa robustez, en contraste con outras da época da mesma comarca, máis estilizadas. A fachada principal ten dous corpos. O primeiro está enmarcado por dous pares de pilastras apoiados que franquean a porta principal, sobre a que se insinúa un frontón barroco, e os seus laterais non se pechan ó concluír en volutas. Na parte central deste frontón ábrese un nicho coa imaxe da Virxe. Sobre este primeiro corpo hai un segundo, posterior con forma de frontón e no seu centro ábrese un rosetón que ilumina o interior.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Leirado
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Leirado no concello de Quintela de Leirado (Ourense) | |
---|---|
Agua Levada | Ataínde | Cabanelas | Costa | Fondóns | Forxán | Fraguas | Lavandeira | Leirado | A Mourisca | Pousa | Tornadoiro | Val |
Parroquias de Quintela de Leirado
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Quintela de Leirado | |
---|---|
Leirado (San Pedro) | Mociños (Santa María) | Quintela de Leirado (San Paulo) | Redemuíños (San Salvador) | Xacebáns (Santiago) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Xunta de Galicia.
- ↑ "Quintela de Leirado". Concello de Quintela de Leirado.
- ↑ Pazo Labrador, Alberto Xosé; Santos Solla, Xosé Manuel (1995). Poboación e territorio. As parroquias galegas nos últimos cen anos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. p. 286. ISBN 978-84-605-3156-2.