Saltar ao contido

Rebeca Lane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRebeca Lane

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1984 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Cidade de Guatemala Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, rapeira, autora, compositora, poetisa, música Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRap Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata

Sitio webrebecalane.com Editar o valor en Wikidata
Youtube: UCdG7zFIa1LdzUdYO6LT4BHg Bandcamp: rebecalane Musicbrainz: 71f6c5c2-ba58-4e8c-b3fb-cbfb8aa65865 Discogs: 4534456 Editar o valor en Wikidata

Rebeca Eunice Vargas Tamayac coñecida como Rebeca Lane ou Miss Penny Lane, nada en Cidade de Guatemala o 6 de decembro de 1984, é unha socióloga, poeta e cantante de rap feminista e anarquista guatemalteca.[1] Pertence ao colectivo Última Dosis e é fundadora de Somos Guerreras, unha proposta para visibilizar o traballo das mulleres de Centroamérica no hip hop xerando espazos de formación, convivencia e produción de eventos. Publicou a súa poesía en revistas literarias de Guatemala, Porto Rico e México. Como socióloga realizou diversas investigacións sobre culturas xuvenís e tribos urbanas en Guatemala (2012).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Rebeca Lane creceu nunha familia relacionada coa música e a poesía como medio de expresión.[2] A súa tía foi a guerrilleira e poeta Rebeca Eunice Vargas Braghiroli, detida e desaparecida polo exército guatemalteco a finais da guerra civil en Guatemala en 1981.[3] A súa desaparición, explicou a artista en diversas entrevistas, deixou unha profunda ferida na cantante quen busca rescatar a memoria histórica do seu país a través do rap: “non como vítima -di- senón como portavoz da marxinalidade e da loita de clases”.

O seu nome artístico como rapeira ten conexión con esa desaparición: “O meu nome é a miña identidade, arraigada a unha identidade ancestral e dolorosa pola súa ausencia. O Lane sae dun sobrenome que me puxeron os meus amigos (Miss Penny Lane)" Miss Penny Lane é o nome que utilizou para asinar o seu blog, Mujeres de bolsa grande y zapatos bajos, que recolle a súa produción poética. Como poeta publicou na Revista da USAC, Revista Literaria Voces Convergentes, Revista Imagina, El Vestíbulo (Porto Rico), a revista electrónica Te prometo Anarquía, e Analistas Independientes de Guatemala[4] , así como en poemarios colectivos de Cascada de Palabras, Cartonera (México).[5]

Rebeca Lane participou tamén como actriz de teatro en Histéricas y no tanto (2013), Danzas saicas alucinantes (2012), El juego (2009), e Las profanas (2009).

O rap como espazo de denuncia

[editar | editar a fonte]

Estudou socioloxía na Escola de Ciencia Política da Universidade de San Carlos de Guatemala. En 2012 realizou diversas investigacións e relatorios sobre culturas urbanas e identidades xuvenís, particularmente a cultura hip hop[6].

A súa inquietude polo rap xorde por mor da súa militancia nunha organización civil na que, familiares de asasinados, desaparecidos e presos políticos da última ditadura militar en Guatemala, loitan contra a represión e a impunidade en favor dos dereitos humanos. Empezou escoitando o grupo arxentino Actitud María Marta. Na poesía que escribe desde pequena atopa os elementos primordiais do rap: palabra, rima e música. Como locutora do programa “Politicamente incorrecta” en Da-radio.com en cidade de Guatemala onde conversaba sobre temas considerados socialmente tabú[7] tivo a posibilidade de coñecer grupos de rap e gravar.

Na súa obra poética e as súas cancións de rap destaca a denuncia da situación das mulleres e a reivindicación de autonomía e liberdade rompendo coa tradición. Neste marco forma Somos Guerreras con Nakury e Nativa unha proposta para visibilizar o traballo das mulleres no hip hop de Centroamérica.[8]

En 2012 no colectivo Última Dosis gravou Rap(H)² - 502 mg e participou no Festival Internacional Revolución Hip Hop 2012 de Guatemala.[9]

En outubro de 2013 lanzou un EP con oito temas, e participou en diversos festivais internacionais en México.

En 2015 presentou o seu segundo traballo en solitario, o álbum Poesía venenosa.[10]

Rebeca Lane na Galiza

[editar | editar a fonte]

En 2018 participa no festival Elas Son Artistas na Coruña[11] e actúa tamén en Vigo.[12]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Rap(H)² - 502 mg (2012) con Última Dosis
  • Canto (2013)
  • Poesía venenosa (2015)
  • Dulce muerte (2015) con Kontra
  • Alma mestiza (2016)

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • Reflexiones sobre la cultura y subtexto de mi conciencia sociológica (2012)[13]
  • Culturas juveniles y tribus urbanas (2012)[14]
  • La ciencia como arte, el caos como avance: Paul Feyerabend y el anarquismo epistemológico (2012)[15]
  • Identificación nacional en el rap guatemalteco (2012)[16]
  • Filosofía social y ensayo crítico (2012)[17]
  • El proceso judicial a Efraín Ríos Montt por genocidio[18]
  1. ↑ "Ritmo y Poesía políticamente incorrecta: Rebeca Lane". www.radioprogresohn.net. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 1 de abril de 2016.
  2. ↑ "Rebeca Lane lleva el arte en sus venas".
  3. ↑ "Rebeca Lane: “el rap es poesía” | Ellas en México". Revista Escenarios. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2016. Consultado o 1 de abril de 2016.
  4. ↑ "Mujeres de bolsa grande y zapatos bajos".
  5. ↑ "Rebeca Lane". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2017. Consultado o 26 de abril de 2018.
  6. ↑ "Rebeca Eunice Vargas | Universidad de San Carlos de Guatemala - Academia.edu".
  7. ↑ "Rebeca Lane | Hip Hop from Guatemala, GT".
  8. ↑ "Somos Guerreras Tour: Esfuerzo colectivo para romper esquemas".
  9. ↑ "Última Dosis".
  10. ↑ "Poesía Venenosa, by Rebeca Lane".
  11. ↑ "O festival Elas son Artistas achegará 15 espectáculos feitos por mulleres". Cultura Galega. 11 de abril de 2018. Consultado o 19 de maio de 2018.
  12. ↑ "Concierto de Rebeca Lane en La Fábrica de Chocolate". Ocio en Vigo. Consultado o 19 de maio de 2018.
  13. ↑ "Reflexiones sobre la cultura y subtexto de mi conciencia sociológica".
  14. ↑ Rebeca Eunice Vargas. "Culturas juveniles y tribus urbanas".
  15. ↑ Rebeca Eunice Vargas. "La ciencia como arte, el caos como avance: Paul Feyerabend y el anarquismo epistemológico.".
  16. ↑ "Identificación nacional en el rap guatemalteco".
  17. ↑ "Filosofía social y sociología. Ensayo Crítico.".
  18. ↑ Rebeca Eunice Vargas. "El proceso judicial a Efraín Ríos Montt por Genocidio.".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]