Rebeca Atencia
Rebeca Atencia | |
---|---|
Lugar de nacemento | Ferrol |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Complutense de Madrid |
Ocupación | veterinaria e primatóloga |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Rebeca Atencia, nada en Ferrol en 1977, é unha veterinaria galega. É directora do Centro de Rehabilitación de Chimpancés de Tchimpouga, na República Democrática do Congo, dependente do Instituto Jane Goodall.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou veterinaria na Universidade Complutense de Madrid. No ano 2005 comezou a colaborar na ONG Help Congo nun proxecto de reintrodución de primates feridos no Parque Nacional de Conkouati Douli, na República Democrática do Congo. Levaba 10 meses cando a primatóloga Jane Goodall fixouse no seu traballo e propúxolle dirixir o centro de rehabilitación de Tchimpounga. Neste centro fundado en 1997 coidan e protexen a uns 150 chimpancés co propósito de tornalos á selva ao mesmo tempo que desenvolven un labor de educación e sensibilización sobre estes animais dirixida á poboación da zona.
O Concello de Ferrol concedeulle o Premio 8 de Marzo no ano 2019 en recoñecemento ao seu traballo e impecable traxectoria.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Corral, Marta. "Ferrol reconoce a la científica Rebeca Atencia en su premio feminista". Ferrol360 (en castelán). Consultado o 2019-03-10.
- ↑ "La científica Rebeca Atencia recoge el premio 8 de Marzo en una gala llena de recuerdos y emociones". Diario de Ferrol (en castelán). Consultado o 2019-03-10.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Claramunt, T. (2013): "Científicas españolas por el mundo" (en castelán)