Saltar ao contido

Realpolitik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Realpolitik[1] é un sistema de políticas ou principios baseado en consideracións prácticas e realistas ou posibilistas, máis que morais ou ideolóxicas.[2]

O termo provén do alemán, literalmente "política real" ou "realista".[3] A realpolitik é coñecida por dar prioridade á eficacia e a vantaxe estratéxica sobre os principios ideolóxicos ou éticos.

Ludwig von Rochau, un escritor e político do século XIX, descríbeo do seguinte xeito:[4]

O estudo dos poderes que conforman, manteñen e alteran o Estado é a base de toda comprensión política e leva a entender que a lei do poder rexe o mundo dos Estados do mesmo xeito que a lei da gravidade rexe o mundo físico.

Orixe e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

O termo "Realpolitik" gañou prominencia no século XIX, especialmente durante o período da unificación alemá. O político alemán Otto von Bismarck é un dos principais expoñentes deste enfoque, empregando tácticas realistas para consolidar o poder alemán a través de alianzas e estratexias pragmáticas, independentes das consideracións ideolóxicas.[5] Un exemplo dun político que exerceu a realpolitik é Henry Kissinger, que axudou aos presidentes dos Estados Unidos nos anos 60 e 70 a ampliar o poder dos Estados Unidos e os seus aliados.[2]

Características

[editar | editar a fonte]
  • Pragmatismo: A realpolitik enfócase na realidade e na práctica, buscando resultados concretos en lugar de seguir principios ideolóxicos.[6]
  • Intereses nacionais: Prioriza estratexicamente os intereses nacionais e a seguridade sobre a moralidade ou os valores universais.[7]
  • Flexibilidade: É un enfoque flexible que pode adaptarse tacticamente a diferentes situacións e circunstancias para maximizar os beneficios.

Críticas

[editar | editar a fonte]

A realpolitik é criticada por poder levar a accións que sacrifican principios éticos e humanos en favor de vantaxes pragmáticas, fomentando a manipulación e a explotación.[8]

  1. Os substantivos en alemáns comezan sempre con maiúscula, pero cando se introducen na lingua galega poden ir en minúscula, tanto na normativa oficial como reintegracionista (tal como aparece realpolitik no dicionario Estraviz, ou como weltanshauung, sinónimo de cosmovisión no DRAG)
  2. 2,0 2,1 Kissinger, Henry (2014-09-09). World Order (en inglés). Penguin. ISBN 978-0-698-16572-4. 
  3. "realpolitik". Oxford Reference (en inglés). doi:10.1093/oi/authority.20110803100407150. Consultado o 2024-09-01. 
  4. Haslam, Jonathan (2002-01-01). No Virtue Like Necessity: Realist Thought in International Relations Since Machiavelli (en inglés). Yale University Press. ISBN 978-0-300-09150-2. 
  5. S. Hamerow, Theodore (1968). otto von bismarck reflections and reminiscences. ISBN 978-0-06-131357-8. 
  6. Haslam, Jonathan (2002-01-01). No Virtue Like Necessity: Realist Thought in International Relations Since Machiavelli (en inglés). Yale University Press. ISBN 978-0-300-09150-2. 
  7. Jervis, Robert (1976). Perception and misperception in international politics. Princeton, N.J. : Princeton University Press. ISBN 978-0-691-05656-2. 
  8. Rosenthal, Joel H.; Barry, Christian (2009-02-06). Ethics & International Affairs: A Reader, Third Edition (en inglés). Georgetown University Press. ISBN 978-1-58901-721-4. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.