Saltar ao contido

Real costarriqueño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras moedas coa denominación de "real", véxase a páxina de homónimos Real.
Moeda costarriqueña de 1831 a nome da República Federal do Centro de América, con valor de 8 reais

O real foi a moeda de Costa Rica vixente ata 1850, aínda que continuou en circulación ata 1864. Carecía de moeda divisionaria, aínda que si que tiña o escudo como múltiplo para as cuñaxes de ouro; do mesmo xeito que o real español, do que era herdeiro, 16 reais de prata equivalían a un escudo de ouro. O real foi substituído polo peso cunha equivalencia dun peso por oito reais.[1]

Moeda de 1834 con valor de 4 escudos de ouro como múltiplo do real de prata

Inicialmente, o real español, tanto o cuñado na Península como o procedente das cecas coloniais, era a moeda que circulaba en territorio costarriqueño. En 1824 introduciuse como unidade monetaria o real da República Federal de Centroamérica. Xa convertida en república independente, Costa Rica deu a coñecer en 1842 as súas primeiras moedas de medio real e dun escudo, ás que se sumaron en 1847 as moedas dun real.[1][2]

En 1850, cuñáronse as derradeiras moedas de Costa Rica en reais, ao aparecer, na súa substitución, o peso costarriqueño. As moedas de ouro expresadas en escudos, o múltiplo do real, mantivéronse aínda ata 1864.[1][2]


Predecesor:
- Real español
- Real da República Federal de Centroamérica
Real costarriqueño
1842 - 1850
Sucesor:
Peso costarriqueño
  1. 1 2 3 Chacón Hidalgo, M. "Historia de la moneda en Costa Rica Arquivado 05 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". Museos BCCR.
  2. 1 2 Chacón Hidalgo, M. "Historia de la moneda en Costa Rica Arquivado 05 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". Museos BCCR.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]