Real da República Federal de Centroamérica
- Para outras moedas coa denominación de "real", véxase a páxina de homónimos Real.
O real foi a moeda de curso legal da República de Centroamérica e da República Federal de Centroamérica a partir de 1824. O seu múltiplo en ouro era o escudo, que equivalía a dezaseis reais de prata. A derradeira cuñaxe a nome da Federación produciuse en 1851.
Moedas
[editar | editar a fonte]
O real da República Federal de Centroamérica substituíu á par o real colonial español que circulaba ata entón e que seguiu circulando simultaneamente durante anos. As primeiras moedas da Federación foron cuñadas en 1824; un Decreto do 19 de abril dese ano autorizaba unicamente a Casa da Moeda de Guatemala para a produción do circulante que se utilizaría na Federación.[1] Esa primeira serie guatemalteca compúñase de moedas de prata de 1/4, 1/2, 1 e 8 reais, e de ouro de 1/2, 1, 2, 4 e 8 escudos.[2]
Posteriormente cuñaron tamén as cecas de Honduras (1/2, 1 e 2 reais) e Costa Rica (1/4, 1/2, 1 e 2 reais, e 1/2, 1, 2, 4 e 8 escudos), ata as derradeira cuñaxes de 1851 a nome da Federación.[3][4]
Ao constituírense as Provincias Unidas do Centro de América foi expandindo o seu uso nos Estados constitutivos da República de Centroamérica, ata que foi substituíndose progresivamente polos respectivos reais de cada república independente: o real costarriqueño,[5] o real salvadoreño,[6] o peso guatemalteco[7], o peso nicaraguano[8] e o real hondureño[9].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Época independiente y Federación Centroamericana Arquivado 27 de marzo de 2018 en Wayback Machine.". Museo Numismático de Guatemala.
- ↑ Cuñaxes de Guatemala desde 1824: "1/4 real", "1/2 real", "1 real", "8 reais", "1/2 escudo", "1 escudo", "2 escudos", "4 escudos" e "8 escudos". En Numista.
- ↑ Moedas cuñadas en Costa Rica: "1/4 real", "1/2 real", "1 real", "2 reais", "8 reais", "1/2 escudo", "1 escudo", "2 escudos", "4 escudos" e "8 escudos". En Numista.
- ↑ Moedas cuñadas en Honduras: "1/2 real", "1 real" e "2 reais". En Numista.
- ↑ Chacón Hidalgo, M. "Historia de la moneda en Costa Rica Arquivado 05 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". Museos BCCR.
- ↑ Quintanilla, C. "El último suspiro del colón salvadoreño. Parte I: Un Poco de Historia". Billetes y Monedas de El Salvador.
- ↑ "The History of Guatemalan currency Arquivado 08 de xuño de 2020 en Wayback Machine.". Banco de Guatemala.
- ↑ "Reseña Histórica de la Moneda Nacional Arquivado 09 de novembro de 2019 en Wayback Machine.". Banco Central de Nicaragua.
- ↑ "Lempira, peso y real, historias interesantes de nuestra moneda Arquivado 07 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". En Honduras is Great.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jovel, J. R. 1999). Historia numismática de El Salvador en el siglo XIX. 3 volumes. San Salvador. ISBN 9789992376386
- Krause, C. L.; Mishler, C. (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801-1991 (18th ed.). Krause Publications. ISBN 0873411501